PONTE NA RÚA, PONTEVEDRA 10 MAIO
Manifestación de Plataformas de Afectados por Preferentes e Subordinadas + Plataformas de Emigrantes Retornados
A Plataforma de Marin-Pontevedra organiza na cidade de Pontevedra unha manifestación conxunta das plataformas galegas de afectados por preferentes e subordinadas coas plataformas de emigrantes retornados.
A saida da marcha será ás 11:30 dende a Praza de Ourense (Detrás da Igrexa da Peregrina, a carón da Praza da Ferrería).
O percorrido polas rúas de Pontevedra será de 1,7 Kms.
O remate da manifestación, un representante dos emigrantes e un representante dos preferentistas lerán cadanseu manifesto, rematando o evento ás 13:30. A carón da Praza de España, na Alameda, está situado o lugar de parada dos buses, para a chegada e recollida. Tamén hai dous aparcamentos privados na contorna da praza.
Modificacion de percorrido da manifestación das Plataformas de Afectados por Preferentes/Subordinadas e Plataformas de Emigrantes Retornados
Por coincidencia cun evento deportivo, non se pode rematar a manifestación na Praza de España. Farase no Paseo de Montero Ríos, unhas ducias de metros á esquerda do remate orixinal. Os manifestos leranse dende o palco da Alameda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario