As Plataformas de Afectados por Preferentes e Subordinadas e de Emigrantes Retornados de Galiza manifestaránse este sábado 10 de maio en Pontevedra
Reclamarán a devolución dos cartos roubados e a retirada das sancións impostas.
Baixo Miño, 09 de maio de 2014
Os colectivos de afectad@s polas preferentes e emigrantes retornados de Galiza convocan unha MANIFESTACIÓN conxunta que terá lugar este sábado, 10 de maio en Pontevedra. A manifestación partirá ás 11:30 h. dende a Praza de Ourense, rematando no Paseo de Monterríos en torno ás 13:30.
Ámbolos dous colectivos síntense enganados, espoliados e roubados polo goberno español presidido por Mariano Rajoy en Madrid, e Feijóo na Galiza.
Recordamos que as demandas xudiciais son única vía aberta para os estafados, despois de ser abandonados á súa sorte polas administracións públicas e que están a resultar maioritariamente favorabeis aos afectados e emigrantes.
E esiximos tamén a retirada ou arquivo de todas as multas e sancións administrativas aos membros dos dous colectivos na súa loita exemplar pola devolución dos seus cartos roubados.
Queremos a solución e querémola xa: DEVOLUCIÓN ÍNTEGRA E TOTAL DO NOSOS CARTOS!!!
Gustaríanos que esta fose a última vez que tivésemos que mobilizarnos, pero sospeitamos que non vai ser así. Por tanto, seguiremos, seguiremos e seguiremos até acadar unha solución política.
Dende as dúas Cordinadoras Galegas facemos un chamamento aos distintos colectivos cidadáns e movementos sociais, sindicatos e partidos políticos que se veñen mobilizando nos últimos meses contra os recortes sociais e de dereitos impulsados polas políticas de “austeridade” dos gobernos do Partido Popular, para que participen na manifestación e apoien as reivindicacións do colectivo de estafados polas entidades financieiras, e dos emigrantes retornados pola Facenda española.
Cordinadoras Galegas de Afectados polas preferentes e Emigrantes Retornados.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario