17 de maio de 2014

GALICIA

Milleiros de persoas dan "un paso adiante" polo galego en oito puntos do país


Manifestación de Queremos Galego en Vigo
 CC BY-SA CIG

Milleiros de persoas saíron á rúa nas sete cidades galegas e mais en Foz nun novo Día das Letras Galegas para reivindicar a lingua galega e, parafraseando a Díaz Castro -escritor homenaxeado este ano- para reclamar "un paso adiante e mais outro paso adiante" para o idioma propio. Foron varias concentracións en lugar da única e unitaria que se adoita desenvolver en Compostela co que se intentou levar a loita pola normalización do galego a varias localidades do país.

Ningún comentario:

Publicar un comentario