17 de maio de 2014

CULTURA

OS VOSOS VÍDEOS

IN MEMORIAM
XOSÉ CARLOS GÓMEZ ALFARO

                                          Proxecto Socheo   - Foto: Infogauda


Malia nacer en As Chabolas (Ribadavia, 1949) Xosé Carlos Gómez Álfaro pode considerarse, xunto con Feliciano Rolán, como o gran poeta da Guarda. Nesta grabación o vemos recitando un poema seu para un programa especial de Nadal para Canal 50 (esta televisión local pasa por ser o arquivo audiovisual máis importante que ten A Guarda e que sería interesante poder dalos a coñecer).
Xosé Carlos Gómez Álfaro foi Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor de Ensinanza Secundaria no Colexio Padres Somascos da Guarda (Pontevedra) desde 1978. Escritor, poeta e articulista, colaborou nos xornais La Voz de Galicia, Faro de Vigo e La Región, entre outros. Como poeta deuse a coñecer en 1969 coa obra en castelán, "De rodillas", publicada na Editorial CLA en Bilbao. Desde 1970 só escribiu en galego.
As súas últimas obras poéticas son: "As labaradas da lembranza", (autoedición), 1996; "Matria da néboa", Ed. do Castro, Sada, A Coruña, 1997; "Os ciclóns do sino", Diputación de Ourense, 1997; "Alba plena do alén", Edicións Espiral Maior, A Coruña, 1997; "Ofertorio de solpores", Edicións Espiral Maior, 1999; "A Illa Verde", A Coruña, 1999; "Pasos cara á alba", 2000, "Alén do Lume, Edicións Espiral Maior, 2002, e "O clamor da eclipse", con el que obtén o Premio de Poesía Cidade de Ourense no ano 2004. En 2005 publica un poemario de temática cívico-relixiosa titulado 'Confíteor', na Colección Hipocampo de Litoral das Rías.
X. C. Gómez Alfaro morreu en 2004.

Ningún comentario:

Publicar un comentario