10 de maio de 2014

A GUARDA

COMERCIANTES E PÚBLICO VOLTARON Á COMPARTIR DÚAS RÚAS DA VILA


Infogauda / A Guarda

Este sábado día 10 de maio tivo lugar outra nova edición do Mercado do Reló, evento que congregou nas rúas Joaquín Alonso (Praza Nova) e Vicente Sobrino a unha heteroxénea representación do sector comercial da vila de A Guarda. O esforzo dos comerciantes participantes foi correspondido polo respectable público que o longo de todo o día se achegou para apreciar os diferentes artigos que foron sacados a rúa, e mercar o que quixeron, entre unha ampla oferta de productos e servizos.



Ambientación musical, degustacións, inchables,..., contribuiron positivamente a darlle novamente o Mercado do Reló un actractivo que compensa o traballo que este tipo de iniciativas conleva.


Como puidemos comprobar persoalmente, á oferta foi ampla e segundo varias persoas coas que conversamos, este tipo de experiencias de dinamización comercial debe ter continuidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario