3 de maio de 2014

A GUARDA

ACTO INFORMATIVO DO BNG SOBRE A SUBA DA TARIFA ELÉCTRICA 

 O Bloque Nacionalista Galego organizará o vindeiro luns día 5, ás 20:30 horas, no Centro Cultural da Guarda  un acto informativo sobre a suba no recibo da luz. 

 No acto intervirán Xan Lois Lomba, concelleiro do BNG na Guarda, e Carme Adán, deputada  do BNG no Parlamento Galego. 

 É de recente actualidade a anunciada e tradicional suba da tarifa eléctrica, fundamentada en confusos argumentos que á inmensa maioría da cidadanía non lle soan máis que a excusas. Mesmo a lectura do recibo da luz antóxase complicada e para nada transparente. 

 A través desta charla, o BNG pretende clarificar gran parte das cuestións que xiran entorno ao negocio da electricidade, do seu exorbitado encarecimento tras a súa privatización e de porqué debería existir unha tarifa galega nun país que é productor excedente de enerxía eléctrica. 

  Non é menos importante sinalar a visión centralista que se ten de Galiza, visto como un territorio productor de electricidade.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario