17 de maio de 2014

A GUARDA

CARRIL BICI

¡OUTRO ACCIDENTE! ¿CANTOS MÁIS SON NECESARIOS PARA TOMAR MEDIDAS?  

En data do 23 de marzo do 2.012, presentamos dianta das Administracións Locais e Autonómicas  a queixa sobre a problemática que ía producirse na PO-552 co texto e imaxe que acompaña este escrito:

Nos medios de comunicación do día de hoxe, reflexan o accidente ocurrido no día de onte no mesmo lugar que reflexan as imáxenes que acompañaban  daquela o escrito, deixando claro qie non só aquí, senon noutros puntos máis, se sigue dando a mesma circunstancia. Estamos convencidos que os Alcalde da zona (Oia, O Rosal e A Guarda) abrirán a boca, cando haxa unha morte, de momento, siguen mirando para outro lado e caladitos diante das demais Administracións.



Dende antes de escomenza-las obras, os comentarios dos veciños e paseantes, tanto a pé, en coche ou bicicleta, eran dos máis diversos e contradictorios. Logo cando se escomenzou a medio coñecer o trazado e as características do mesmo, levou que a que se incrementara o número de escépticos co resultado final do que alí se estaba facendo e poñendo en dúbida os beneficios para a zona, e sendo un debate permanente a seguridade dos futuros usuarios.

Moitas veces, os "diseños de despacho" conlevan o rechazo e a oposición dos veciños non por sistema senón porque a realidade demostra que o que se está facendo non é serio, non está dacordo ca práctica e experiencia diaria dos usuarios, e pouco tempo despois, entre arranxos e melloras, fan que as obras se disparen económicamente.

O trazado deste vial que corre maioritariamente paralelamente ca estrada PO-552, en moitos puntos, o petril de cemento instalado de +/- UN (1) METRO, convírtese nunha pantalla que impide contemplar as vistas oceánicas a quenes circulan en vehículo pola zona e o mesmo tempo, nún muro de contención de tódala basura, follas e ramaxe que o vento leva hacia as leiras da banda do mar, o que acorta o espacio dispoñible, e é un elemento de risco cando se molla ou se descompón, fundamentalmente para peóns e ciclistas.

Hai que ter en conta que nalgúns puntos, como é o caso das Mariñas, pero que da o mesmo xa que se repite en moitos outros lugares, os accesos as vivendas é en pendiente que se sigue mantendo cas obras levadas a cabo, polo que se crean dous ou maís problemas, por un lado, os vehículos para saír a estrada, teñen que incorporarse co motor o máximo de potencia e "invadir" polo menos a metade do carril para quedar nivelados e con "cero" visibilidade. (ainda non se inagurou a obra e xa ten habido algún percance, por sorte, sen gravedade, pero o susto foi bó).

Sen entrar a valorar o custo da obra -nos momentos actuais de crise, seguramente sería máis útil a inversión noutras intervencións na nosa comarca- sería bó saber cantos empregados foron sacados da bolsa de parados do Baixo Miño e Val Miñor.

Os durmintes instalados no chán para "marcar o "carril" poden ser unha arma grave cando algún ciclista queira esquivar calquer obstáculo.

Sería interesante saber as "preferencias de circulación": os que veñen de Baiona? Os que van hacia as terras de Erizana ou os peregrinos que están facendo o Camiño de Santiago pola Costa? Tendo en conta que unha boa parte do séu trazado é por espacio rural, ¿Os agricultores que van as leiras e levan animais de carga, tamén poden usalo? ¿E os veciños que por deporte, saúde ou aficción, camiñan tódolos días dende A Guarda a Oia, que vial poden usar? As persoas que recollen argazo, ¿por donde o poden acercar a estrada? Hai moitas preguntas e moi poucas respostas.

 Sobre estas obras, poderíamos extendernos todo canto quixéramos si transcribíramos o que dín os veciños e usuarios, pero creemos que o maior problema, é o dos accesos a moitas vivendas, leiras ou matos. Iso sí que é de "empirismo puro e duro". Dín que unha imaxe -sería mellor poder plasmar a experiencia sobre o terreo de quen a diseñou ou de quen a permite- dí máis que mil palabras, pero si recorrelo nalgúns tramos en bici é unha epopeia, saír dalgunhas vivendas, ou acceder as leiras, é toda unha aventura con final incerto, diante da cegueira en que se atopa -mellor dito a mirada o ceo, pro si chega ou manda a alguén nesa dirección- é escalofriante.

De todo o exporto anteriormente, algúen ten que ser responsable, non pode ser que nos concellos afectados os concelleiros e/ou alcaldes den a calada por esposta ou remitan aos séus administrados a outras instancias "superiores" e logo noutros momentos dalen de que representan ao pobo.

Cos desniveis que ten a estrada, diante dúns muros cegos, ¿ninguén pensou por donde vai correr a auga que baixa do monte, arrastrando todo tipo de material? Os que inspeccionan a obra, poderían detectar, que nalgún punto, os bolardos de sinalización, no cruce dalgún camiño que vai para os campos, xa está machacado polo "topetazo" dalgún coche.

Nalgunhas rampas de incorporación a estrada 552, é tan patética a mala calidade do formigón, que o mesmo paso de vehículos o está rompendo, ¡e iso que o botaron a eito, sin emparexalo! Da outra maneira xa hubera rachado os poucos días.

Por todo o exporto, dende Converxencia Galega, vimos a solicitar das Administracións Locais e Autonómicas para que revisen e tomen as medidas tendentes a arranxar a gran cantidade de deficiencias que se atopan o longo do recorrido do Carril-Bici que se está facendo dende A Guarda ata Baiona, denantes de que acontezan problemas e accidentes. A Guarda, a 19 de marzo do 2.012

Esta queixa está presentada diante das diversas administración, a día de hoxe, nin por educación contestaron. ¡¡Así nos vai!! ¡¡Seguiremos sumando accidentes!! 

A Guarda, a 15 de maio do 2.014  

Celso R. Fariñas 

Converxencia Galega


Ningún comentario:

Publicar un comentario