1 de maio de 2014

A GUARDA

WILD 
ROCK AND ROLL 
WEEKEND!!!

Sábado 3 de maio, desde ás 18:00 h., nos xardins do Centro Cultural de A Guarda
Entrada: De balde



O WILD ROCKANDROLL WEEKEND!! É una festa de Rock and roll clásico, no que contaremos coas actuacións dos seguintes artistas: 

EDDIE EL ZURDO
Experimentado compositor, cantante e multi-intrumentista con máis de 40 anos de experiencia tocando por todo o mundo, excomponente da prestixiosa banda blues galega Dr.Hello durante 10 anos, ademais de colabourar con importantes artistas internacionais como: Johnny Copeland,  Magic Slim, Paul Orta,  ou o  saxofonista Grant Stewart, e tamén como artistas nacionais como Fito & Fitipaldis, Los reyes del K.O. ou Edi Manzanares, entre outros moitos.

ROCKIN´GINA & THE SENTINELS
Quinteto de R´n´R swing con voz feminina, con músicos de longa experiencia, que proveñen  doutros grupos coma Mr. Whizz. Basean a súa  música nunha fórmula  sinxela de voz solista femenina, ainda que tamén tocan a guitarra, acompañada de trío de batería, guitarra e baixo. Son básico, limpo de puro rockabilly, hillbilly e country, todo elegantemente mesturado.

BREAKIN´BONES
Veterana  formación de clásico rockbilly, que dende o 2005 veñen  rompendo osos, primeiro Santy e Koko coma Toxic Patrol e máis tarde coa incorporación de L.A. pasaron a chamarse Breakin ´Bones. Son rockers, son punks e están orgullosos como demostran en cada un dos seus concertos, nos que non deixan a nadie indiferente e demostran a súa actitude.

Todo isto será o vindeiro 3 de maio, na vila de A Guarda, (Pontevedra), nos xardíns do Centro Cultural, a partir das 18:00 horas, se á climatoloxía o permite. 

En caso de choiva aplazarase ata novo aviso. 

Entrada libre e de balde. 

O rematar a festa segue cunha sesión rock and roll e ponche para os asistentes no Monk Music Bar da mesma localidade.

O espíritu do WRW non é outro que pasar una boa tarde de R´n´R cos mellores grupos e amigos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario