TRIBUNA ABERTA
Resposta a entrevista a Moisés Rodríguez no Faro de Vigo 26 de Abril 2014
Señor Alcalde, por alusións, respecto vostede? Vostede que levanta seis mil € ó mes, non ten nin a menor idea do que é andar tirados na rúa coma esmoleiros durante dous anos para recuperar eses mesmos seis mil € que cun contrato precario me levou 20 meses aforrar. Nin idea.
Respecto vostede, que ten esbirros ó seu servizo que por medo a perder o posto de traballo que da de comer as suas familias arremeten sen miramentos contra os que lle son molestos ó "seu Señor"?
Non me faga rir Señor Alcalde!
Que en Tui foi onde mais se traballou por nos? Ou mais ben que fomos loitadores tan incansables que non lle quedou outra?
Mire, vostede como persoa me merece todo o respecto que me permite a esmerada educación que recibín... Pero como alcalde e aínda que o leva implícito no cargo e no soldo, é esa mesma educación a que me impide encher isto dos adxetivos calificativos que o definen.
Certo é que cada quen é responsable do que fai, dígame vostede entón: quen é o responsable de impedir o dereito constitucional de asistir a un pleno?
Quen é o culpable de ratificar as multas perante a subdelegación do goberno?
Quen é o culpable de presentar probas manipuladas?
Como tipificamos que o suposto de veracidade aplaste vilmente a presunción de inocencia?
Respecto?
Respecto tamen é non xuntar churras con merinas, xa llo dixen que para min Ches é unha cousa e o Alcalde é outra se chame como se chame, e neste caso tocoulle a vostede, dígallo a quen o rodea que os nosos dereitos ten que defendelos o alcalde. Non o amigo, o esposo, o fillo, o xenro nin o irman, dígallo Sr. Alcalde, porque isto non é personal e hai quen non o ten moi claro. Por respecto, non lle vou dar nomes, apelo a sua intelixencia.
Dirixiuse vostede este ano a pregoeira das festas como "miña mestra", de verdade espero que como persoa teña aprendido moito dela. Porque como cargo publico é vostede a decepción de calquera que intentase inculcarlle algún tipo de valor.
(R.)

Ningún comentario:
Publicar un comentario