Infogauda / Tui
O vindeiro mércores 16 ás oito da tarde na Sala Félix, da Área Panorámica de Tui o Bloque Nacionalista Galego organiza unha charla informativa onde se falará dos recortes en sanidade e as súas consecuencias para a poboación.
No acto intervirán o concelleiro do BNG en Tui, Laureano Alonso e Manuel González Moreira, médico de familia e portavoz da “Plataforma SOS Sanidade Pública” da área de Vigo, cun posterior coloquio co público asistente.
O acto, organizado pola formación nacionalista, están inserido dentro da problemática que está levando a cabo no centro de saúde de Tui.
Ningún comentario:
Publicar un comentario