3 de abr. de 2014

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Chelo Matesanz 
as miñas cousas en observación
no CGAC

 O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, D. Xesús Vázquez Abad, ten o pracer de convidar a vostede á inauguración da exposición que terá lugar no CGAC o vindeiro venres, 4 de abril de 2014, ás 20 h Comisaria/Curator: Chus Martínez Domínguez 

 As miñas cousas en observación revisa a traxectoria artística de Chelo Matesanz (Reinosa, Cantabria, 1964) desde finais da década dos oitenta até a actualidade. A través das súas obras visualízase o intenso proceso reflexivo que vén desenvolvendo ao redor da práctica artística, cuestionando as bases mesmas da historiografía e desmontando os modelos hexemónicos que definen a noción de arte na modernidade. O título da mostra non só reflicte esa vontade retrospectiva senón tamén a procura de lugares onde desenvolver o pensamento fronte aos condicionantes sociais, artísticos e culturais que lle afectan á muller e á súa representación. A artista aborda este e outros temas dun xeito radicalmente singular, unhas veces desde a disidencia e outras desde a ironía, desvelando como a linguaxe e a representación contribúen á construción de etiquetas.

Co apoio de: 
CGAC CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA 
Ramón del Valle Inclán 2, 15703 Santiago de Compostela cgac@xunta.es / www.cgac.org 

Ningún comentario:

Publicar un comentario