A PREMIADA COMEDIA HASTA LA VISTA, DO BELGA GEOFFREY ENTHOVEN, NO CINECLUB POLEIRO ESTE XOVES 3 DE ABRIL
Este xoves 3 de abril proxectarase no Auditorio de
Goián as 21:30h Hasta la vista, unha película belga dirixida por Geoffrey Enthoven.
Foi Espiga de Ouro na Seminci de Valladolid,
Mellor película no Festival de Montreal e Premio do público á mellor película
europea nos premios do Cine europeo.
Esta premiada comedia belga conta a aventura de tres mozos que aman o viño
e as mulleres, pero que nunca tiveron a oportunidade de intimar cunha muller.
Dende Bélxica veñen a España coa esperanza de perder a súa virxindade. A
coartada é un itinerario enolóxico. As súas discapacidades - un é cego, outro
precisa unha cadeira de rodas e o terceiro é tetrapléxico -, non lles van impedir
acadar o seu obxectivo.
Unha historia que afronta os problemas que non teñen solución coa máis grande
sorriso, hilarantes aventuras, enredadas situacións y sobre todo moita orixinalidade,
tratando dun tema y personaxes pouco vistos na historia do cine.
O ciclo remata coa A vida de Adele, de Abdellatif Kechiche, o xoves 8 de
maio. Esta longametraxe recibiu, entre outros
recoñecementos, a Palma de Ouro e o premio FIPRESCI no último festival de
Cannes.
O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de
Tomiño e da Federación de Cineclubs de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario