DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
PREVISIÓNS INFORMATIVAS
MÉRCORES, 9 DE ABRIL
DE 2014
AXENDA DO PRESIDENTE
12,00 horas............... O presidente da Deputación,
Rafael Louzán, visita as instalacións do campionato de Surf Rías Baixas Pro,
que se celebrará en A Lanzada do 10 ao 13 de abril, nun acto no que deportistas
coma o xogador do Celta e da Selección Iugoslava Ratkovic, o regatista Antón
Paz, o director deportivo do Celta, Miguel
Torrecilla, ou o ciclista Óscar
Pereiro, recibirán o bautismo de surf.
Praia de A Lanzada. O GROVE.
AXENDA DE DEPUTADOS
11,00 horas............... A deputada provincial Ana Isabel
Vázquez participa na rolda de prensa de presentación da campaña de recollida de
produtos textís da entidade Boa vida
Inclusión Activa. O acto terá lugar no
número 16 da rúa Cruz Vermella (Fronte á cafetería Maxisterio-PONTEVEDRA).
12,00 horas............... A deputada provincial Marta
Iglesias participa na presentación da XXIII
Festa do Requeixo e do Mel de As Neves, na Sede da Deputación en Vigo (Rúa Oporto, 5-VIGO).
13,30 horas............... Marta Iglesias asiste á presentación
da VIII edición do Torneo de Minibasket CB Baiona, que terá lugar no salón de Plenos Concello de Baiona (Lorenzo
de la Carrera, 17-BAIONA).
20,00 horas............... Marta Iglesias asiste á
conferencia O novo mapa sanitario na área
de Vigo, a cargo de Mario González González, xerente da área de xestión
integrada de Vigo. A conferencia terá lugar no Salón Regio do Círculo Mercantil (Rúa do Príncipe, 44-VIGO).

Ningún comentario:
Publicar un comentario