4 de abr. de 2014

PONTEVEDRA

O Museo acolle unha mostra de Elena Colmeiro, que permite facer un percorrido pola evolución da súa obra desde os anos 60 ata a actualidade 

Estará aberta ó público no Sexto Edificio do Museo do 4 de abril ó 4 de maio


Museo de Pontevedra acollerá desde o 4 de abril ata o 4 de maio unha mostra da escultora e ceramista Elena Colmeiro, que, a través de 47 pezas representativas, lle permitirá ó visitante achegarse á evolución da obra da artista desde os anos 60 ata a actualidade.
Pola súa banda, Elena Colmeiro agradeceu o apoio da Deputación e do Museo e a posibilidade que se lle ofrece de expor o seu traballo, porque "cando un traballa, poder facer unha exposición, poder ensinar as cousas que un fai ó público non só é necesario senón conveniente".
Evolución constante
mostra permite comprobar como a obra de Elena Colmeiro foi evolucionando de forma permanente. Así, entre as 47 pezas que se expoñen figuran algunhas correspondentes ás primeiras incursións no informalismo, nos anos 60 –cando xa Luis Seoane refería este avance e situaba a autora entre os ceramistas máis relevantes da Península–, ata as esculturas máis actuais, nas que a natureza lle serve de inspiración e se poden percibir con claridade pólas, raíces e mesmo árbores.
No medio, unha evolución longa e continuada que pasa polas formas curvas e espirais, engade placas e, en todo o proceso, vai sumando novos materiais, novas formas e máis cor, tamén novas dimensións, pois a medida que pasa o tempo moitas das súas obras van adquirindo tamén máis grandes dimensións.
Na exposición o visitante poderá sentir a fascinación que sempre tivo Colmeiro polas fábricas e que fixo que os materiais industriais e os cemiterios de refugallos da industria cerámica lle servisen para incorporar novas formas e cores á súa obra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario