A DEPUTACIÓN AMPLÍA ATA O 22 DE
ABRIL O PRAZO PARA QUE AS EMPRESAS DA PROVINCIA SOLICITEN SER INCLUIDAS NO PLAN
DE PRÁCTICA LABORAL QUE BENEFICIARÁ A 500 XOVES TITULADOS
A Deputación de Pontevedra decideu hoxe, na súa
xunta de goberno, ampliar ata o vindeiro 22 de abril o prazo establecido para
que as empresas interesadas en recibir xoves titulados universitarios e de FP,
poidan presentar as súas solicitudes.
A Deputación puxo en marcha un Plan de Práctica
Laboral en empresas do sector privado da provincia de Pontevedra destinado a xoves titulados
universitarios e de FP, sin experiencia laboral previa, coa finalidade de
promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que
poidan facilitar a súa futura incorporación ao mercado laboral.
O Plan comprende 500 bolsas de práctica laboral e
estrutúrase en dúas fases: unha primeira, de selección de empresas, e a
segunda, de selección e distribución dos bolseiros entre as empresas
seleccionadas.
O prazo inicialmente establecido para que as
empresas poideran presentar as súas solicitudes remataba o vindeiro día 7,
luns.
Pero a xunta de goberno da Deputación, co fin de
cumprir con maiores garantías os obxectivos do Plan de Práctica Laboral en
empresas da provincia, decideu ampliar ata o vindeiro día 22 de abril, martes,
o prazo de presentación de solicitudes das empresas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario