DESDE 2009, OS CONCELLOS ADHERIDOS AO ORAL INGRESARON 13,3 MILLÓNS DE €
POLO IBI DE PARQUES EÓLICOS E OUTROS BENS DE CARACTERÍSTICAS ESPECIAIS
En 2013, os ingresos por este concepto ascenderon a 3,3 millóns de euros
Desde que a Xustiza dera a razón á Fegamp na batalla
liderada por Xosé Crespo para que os parques eólicos tributasen como Bens de
Características Especiais (BICES), os 36 concellos adheridos ao ORAL ingresaron
un total de 13,3 millóns de euros polo IBI destas instalacións, minicentrais,
autoestradas e outros BICES.
Así o puxo de manifesto esta mañá o presidente da
Deputación de Pontevedra, que destacou o notable incremento da recadación que
para varios concellos da provincia supuxo este cambio na tributación dos
parques eólicos e as súas instalacións.
Un exemplo claro do aumento dos ingresos percíbese ao comparar a recadación
polo IBI dos BICES en 2009, primeiro ano no que os parques eólicos tributaron
como tales, e o exercicio anterior. Así, en 2009 os 36 concellos adheridos ao
ORAL acadaron uns ingresos de 2,2 millóns de euros, fronte ao 1,4 millóns do
ano anterior.
Esta contía non deixou de medrar nos últimos anos como consecuencia da
incorporación de novos inmobles e da actualización de taxas. Así, en 2013 o
ORAL recadou polos 125 bens de características especiais existentes no seu
territorio, un total de 3.351.000 €.
A comarca do Deza é a que maiores ingresos recibe por este concepto, debido
á concentración de parques eólicos nesta zona. Así, Lalín, con 4 parques
eólicos no seu termo municipal, 75 aeroxeradores e unha potencia instalada de
55,37 megawatios, superou no último lustro os 2,6 millóns de euros de ingresos.
Seguíronlle en recadación Silleda, con 1,6 millóns de euros, Baiona con
845.428 euros, A Estrada con preto de
695.000 euros e Vila de Cruces con 606.000.
6,7 millóns de ingresos en Deza e Tabeirós
Nos oito concellos de Deza e Tabeirós-Terra de Montes que teñen delegada no
ORAL a xestión tributaria, a recadación por bens inmobles de características
especiais acadou no período 2009-2013 a cifra máis elevada de toda a provincia,
con 6,7 millóns de euros, dos cales 1,2 corresponden ao pasado ano.
|
CONCELLO
|
importe 2013
|
2009-2013
|
|
Agolada
|
66.238,55
|
309.607,49
|
|
Cerdedo
|
32.639,56
|
162.381,65
|
|
Dozón
|
48.210,38
|
305.108,33
|
|
A Estrada
|
111.167,14
|
694.839,32
|
|
Lalín
|
457.250,72
|
2.639.080,09
|
|
Rodeiro
|
118.800,42
|
431.813,13
|
|
Silleda
|
268.330,19
|
1.602.243,07
|
|
Vila de Cruces
|
134.829,35
|
606.362,97
|
|
Totales
|
1.237.466,31
|
6.751.436,05
|
O Condado-Paradanta
As comarcas do Condado e A Paradanta concentran boa parte dos
aeroxeneradores do sur da provincia e, en consecuencia, tamén rexistraron
notables ingresos coa tributación dos parques eólicos como BICES, acadando un
total de máis de 1,5 millóns de euros nos 5 últimos anos.
Varios destes concellos, como é o caso de O Covelo, non tiñan ata 2009
ningún ingreso por este concepto, ao non estar recoñecidos os parques eólicos
como tales.
Así, este concello pasou de ingresar 0 euros en 2008 a máis de 63.000 en
2009 polos dous parques eólicos activos naquel momento e os case 116.000 euros
de 2013, xa con 4 parques en marcha (Bidueiros, Deva, Tea e Fonteavia).
Na mesma situación estaban Arbo, A Cañiza e As Neves, que cobraron por
primeira vez IBI de BICES.
Neste caso, A Cañiza ingresou no período 2009-2013 un total de 448.461
euros polos muíños e instalacións eólicas dos parques de Deva e Montouto 2000
situadas no seu termo municipal; Arbo ingresou algo máis de 156.000 euros tamén
por dous parques eólicos (Singular de Arbo e Montouto 2000) e As Neves, con
muíños e instalacións correspondentes a outros dous parques, percibiu 197.875
euros.
|
CONCELLO
|
importe 2013
|
2009-2013
|
|
Arbo
|
32.768,06
|
156.399,81
|
|
A Cañiza
|
94.032,15
|
448.461,02
|
|
O Covelo
|
115.745,40
|
552.016,56
|
|
Crecente
|
36.037,15
|
179.828,95
|
|
As Neves
|
42.438,64
|
197.875,71
|
|
TOTAL
|
321.021,40
|
1.534.582,05
|
Caldas e Arousa
No caso dos concellos de Caldas e Arousa adheridos ao Oral, os ingresos por
Bens Inmobles de Características Especiais acadaron os 668.000 euros, sendo os
municipios de Caldas, Catoira e Cuntis –nos que se asentan os aeroxeradores do
parque eólico de Monte Xiabre- os que maiores ingresos recibiron.
|
CONCELLO
|
importe 2013
|
2009-2013
|
|
Caldas de Reis
|
11.367,37
|
270.768,40
|
|
Catoira
|
30.068,96
|
143.405,83
|
|
Cuntis
|
13.703,78
|
127.717,56
|
|
Meis
|
193,07
|
548,63
|
|
Moraña
|
3.143,00
|
20.851,21
|
|
Portas
|
9.692,00
|
43.196,94
|
|
Valga
|
9.267,25
|
46.244,49
|
|
Pontecesures
|
3552,45
|
15833,16
|
|
TOTAL
|
80.987,88
|
668.566,22
|
Autoestradas no Val Miñor e portos no Morrazo
Segundo o balance presentado esta mañá polo presidente da Deputación,
destaca o recadado polos tres concellos do Val Miñor, que conforman a segunda
área con maiores ingresos polo IBI de BICES en toda a provincia, dado que
alcanzan os 2.345.000 euros nos cinco últimos anos.
No entanto, neste caso a recadación non obedece ao peso da eólica, senón a
ser un nó de comunicación polo que pasan autoestradas, que tamén tributan como
BICES. Desta forma, a recadación é moi similar en Baiona, Gondomar e Nigrán e
en 2013 superou os 470.000 euros.
|
CONCELLO
|
importe 2013
|
2009-2013
|
|
Baiona
|
169.421,27 €
|
845428,92
|
|
Gondomar
|
147.596,64 €
|
736521,84
|
|
Nigrán
|
153.047,94 €
|
763724,38
|
|
TOTAL
|
470.065,85 €
|
2.345.675,14
|
Tamén no Morrazo a recadación obedece a un concepto diferente aos parques
eólicos, e garda relación coa actividade económica dos portos. A recadación dos
dous concellos desta comarca situouse en 718.000 euros.
|
CONCELLO
|
importe 2013
|
2009-2013
|
|
Cangas
|
31.474,49
|
211.923,92
|
|
Moaña
|
378,16
|
506.329,24
|
|
TOTAL
|
31.852,65
|
718.253,16
|
Finalmente, na comarca de Pontevedra, os ingresos por bens inmobles de
características especiais alcanzaron os 770.000 euros e inclúen tanto parques
eólicos (presentes, por exemplo, nos concellos de A Lama ou Cotobade) como minicentrais (Ponte Caldelas, Cotobade, A
Lama, Campo Lameiro…), autoestradas (Vilaboa e Barro) e outros BICES.
|
CONCELLO
|
importe 2013
|
2009-2013
|
|
Barro
|
9.383,09
|
41.820,14
|
|
Campo Lameiro
|
22.352,97
|
44.173,73
|
|
Cotobade
|
26.908,79
|
106.743,7
|
|
A Lama
|
61.915,72
|
333.479,32
|
|
Poio
|
1.699
|
7.572,39
|
|
Ponte Caldelas
|
22.373,97
|
111.648,32
|
|
Vilaboa
|
23.197,53
|
124.395,76
|
|
TOTAL
|
167.831,07
|
769.833,36
|

Ningún comentario:
Publicar un comentario