Feijóo anúncianos os próximos recortes
Pregunta: Vailles repoñer no 2015 o salario aos funcionarios? Resposta: Sempre lles agradecerei aos empregados públicos o que están facendo por Galicia. Pero non teño 150 millóns ao ano para facelo.
Así se despachou o Sr. Presidente da Xunta diante da cidadanía galega nun coñecido xornal. Entre tanto, os funcionarios, a través das organizacións sindicais, litigan nos xulgados reclamando unha parte da paga detraída, a parte devindicada do 2012, e ducias de sentenzas recoñecen xa a ilegalidade da medida sen que sirvan para nada, Feijóo non paga.

Ningún comentario:
Publicar un comentario