22 de abr. de 2014

O PORRIÑO

PREFERENTISTAS  DA LOURIÑA E BAIXO MIÑO PECHAN NOVAGALICIA BANCO DURANTE CASE TRES HORAS




AFECTADOS CAIXANOVA 

  Este martes 22 de abril, afectados polas preferentes e obrigas subordinadas  do Baixo Miño, Condado, Paradanta e Louriña mantiveron pechada a entidade central de Novagalicia no Porriño dende ás dez da mañá até case a unha do mediodía.

 O portavoz da plataforma do Baixo Miño afirma que seguirán con este tipo de mobilizacións namentras non se acade unha solución a esta estafa masiva. Adiantou tamén que o  vindeiro xoves 24 de abril, acudirán á manifestación convocada en Pontevedra ás 17:00 horas, onde as plataformas da provincia esixirán a devolución do 100% dos seus aforros. 

  Un total de case 60 persoas cantaron lemas coma "Benvidos á República Bolivariana", "non pode ser, nos a aforrar e eles a roubar", "non imos parar até os aforros recuperar", etc.  

  A isto hai que sumar a loita que se mantén pola vía política, presentando mocións onde se pide a retirada das contas de Novagalicia e o arquivamento das sancións impostas para amedrentar ao colectivo.  Fan fincapé en que esperan que o Partido Popular os tome en serio dunha boa vez, decidan contestar as numerosas peticións de xuntanza urxente, e que non se volten a rir, coma así o fixeron hai uns días no Congreso dos Deputados votando en contra da proposta presentada por Olaia Dávila (deputada do BNG) e a virarlles as costas durante e despois da campaña das europeas coma aconteceu nas anterios eleccións.
(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario