26 de abr. de 2014

MOVEMENTOS SOCIAIS

O 22M rodeará o Parlamento galego o vindeiro 21 de xuño


Asemblea nacional das Marchas da Dignidade galegas 
@frentepg

A Columna Galega das Marchas da Dignidade celebrou este sábado en Teo a súa primeira asemblea nacional. Con preto de 300 persoas reunidas na Casa Común de Oza e máis de trinta organizacións representadas -sindicais, políticas e plataformas veciñais ou sociais-, o 22M galego colleu forza, amosou a súa "vontade de continuar no camiño" e acordou xaconvocar varias mobilizacións para os vindeiros meses, a primeira delas para o vindeiro mércores 30, día no que chaman a concentrarse diante de sedes do INEM na Coruña, Compostela, Vigo e Ourense. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario