COMERCIANTES DE GOIÁN ORGANIZAN UNHA ORIXINAL ACTIVIDADE DE PASCUA E ESTREITAMENTO DE LAZOS COA VECIÑA CERVEIRA
Na medianoite deste sábado seis embarcacións cruzarán o Miño para entregar a “Xudas Iscariote Traidor” aos veciños e veciñas de Vilanova. Na imaxe, obradoiro de confección de "xudiñas" celebrado na praza de Goián.
Cerca de corenta comerciantes de Goián (Tomiño) organizan unha orixinal actividade de Pascua, en colaboración cos seus veciños portugueses, o Concello de Tomiño e a Cámara Municipal de Vilanova de Cerveira.
O obxectivo é compartir unha vella tradición da vila lusa, dándoa a coñecer deste lado da “raia”, e ao mesmo tempo, estreitar lazos coa poboación fronteiriza.
A actividade consiste na confección artesanal de bonecos que representan a Xudas Iscariote Traidor, elaborados con tela, espumas, las, etc., e colocados nas portas dos comercios locais, ata que este sábado, 19 abril, ás 24.00 horas, no embarcadoiro do antigo ferry, se faga entrega deles á veciña Cerveira, coa colaboración de seis pescadores de Goián que prestarán desinteresadamente as súas embarcacións. Ademais, actuará o grupo de Gaitas Virxe do Alivio.
Mentres, nas rúas de Goián, o Xudas traidor convive nestes días cos veciños e veciñas, sacando un sorriso aos viandantes, que se deteñen a observar os atractivos bonecos.
Tamén os escolares do CEIP Antonio Fernández, percorreron as rúas de Goián, e os mestres explicáronlles esta tradición de Vilanova de Cerveira en torno a este boneco, o que significa e representa, e o por que desta actividade por parte dos comerciantes goianeses.
Con este fin, o día 15 abril, celebrouse na praza de Goián, un obradoiro de Confección de Xudiñas, dirixido a nenos e nenas, que crearon os seus propios bonecos.
A concelleira de Cultura, Cristina Martínez, lembra o apoio decidido do goberno local a este tipo de iniciativas veciñais, “que contribúen a estreitar os lazos de amizade que unen aos dous pobos, e permiten afondar no coñecemento das tradicións e da identidade cultural dos mesmos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario