12 de abr. de 2014

GOIÁN

Á CIDADANÍA GOIANESA PARTICIPARÁ ESTE ANO NA QUEIMA DE JUDAS

Trátase dunha tradición que se conmemora en Vila Nova de Cerveira






















Alguns dos xudiñas feitos por veciñas e veciños de Goián, que nestes días podemos ollar diante de varios estabrecementos goianeses - Fotos: Andrea Pousa Barros


        Andrea Pousa Barros / Goián

  Trátase dun intercambio cultural e de costumes con Vilanova de Cerveira dada a proximidade. Eles na Semana Santa celebran o Xudas,(como nos aqui o meco ou Taiña).

  O día 19 de abril as 24:00h españolas, en Vilanova, unha compañía de artes escénicas, percorrerá as rúas, interpretando a búsqueda do Judas traidor, e van guiando o pueblo na sua procura, inclusive nos balcóns de Vilanova teñen actores para darlle realismo... Estos encargaranse de levar a xente ata o cais deles (Ferri), e este año gritarán con forza a preguntarlle os veciños de Goián se vimos o Judas. Entonces ahí entra Goián, estarán colocadas embarcacions no medio do río, con actores e o Grupo de Gaitas Virxen do Alivio. 

  Nos diremos que o temos nos, e faémoslle entrega do Xudas a par que comezarán a tocar as gaitas. O Xudas é escollido dos que temos por Goián, e eles quéimano alí por traidor e dase lectura o testamento. En realidade queiman outro moito mais grande que xa estará colocado alí, e custodiado polos bombeiros. Nos realizamos o cabezón deste boneco Ibérico!  E esta é a historia dos bonecos por Goián. 

  Estou alucinada que participou case o 100%, da xente, que colaboraron sin problema e con moita ilusion!

Ningún comentario:

Publicar un comentario