DEPORTISTAS DA SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA PARTICIPARON NA XII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE PADRÓN
Ariana, Raquel e Nuria no podio
Informa: Sociedade Atlética do Trega
O sábado día 5 de abril de 2014, celebrouse en Padrón, a 12 Carreira Popular Concello de Padrón sobre a distancia de 10 km.
A xornada foi chuviosa durante todo o día, espallando e calmando o vento ás 18:00 horas.
Os atletas con ficha nacional correron o Campionato de España con unha mellor climatoloxía.
Os atletas que participaron na carreira dos 10 km, federado e popular, correron toda a proba con vento e choiva, deslucindo o espectáculo pedestre.
José Carlos Ferreira en carreira
Ariana González e José Carlos Ferreira foron os mellores atletas da Sociedade Atlética do Trega.
Ariana quedou segunda sénior e terceira na xeral. Ferreira acadou o posto 29 na xeral e 15 veterano.
Os irmáns Cristian e Álex Sierpes en plena carreira
Cristian Sierpes entrou 3º na categoría Prebenxamíns e seu irmán Alex 4º.
Os resultados do campionato de España pódense consultar na Federación Galega de Atletismo.
Sierpes, Luisa, Mariano Haro e Ariana
Foi toda unha sorpresa ver en Padrón, a Mariano Haro o mellor atleta español de tódolos tempos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario