7 de abr. de 2014

DEPORTES

OS TEIXUGOS LOGRAN UNHA MEDALLA DE PRATA E UNHA DE BRONCE NA COPA DE ESPAÑA DE SLÁLOM

                  Un palista en plena competición - Foto: Rosa Fernández Carrera

          Informa: Rosa Fernández Carrera 

  A pasada fin de semana celebrouse no concello Mondariz Balneario a 2ª competición da Copa de España de Slálom. O sábado tiveron lugar as clasificatorias con máis de douscentos participantes. Déronse clasificado para as semifinais do domingo Guillermo Martínez e Nicolás Ruedas en K1 Home sénior, Manuel Ochoa en K1 Home Cadete, Brais Castro en C1 e K1 Home Cadete, Andrea González en K1 Muller Júnior e Sara Vázquez en K1 e C1 Muller Júnior.

  As nove da mañá do domingo comezaron as semifinais, cun altísimo nivel en tódalas categorías. A pesar da dificultade entraron nas finais os catro palistas do Club Deportivo Miño que nestes momentos están becados no Centro Galego de Tecnificación Deportiva: Andrea, Sara, Brais e Manuel. 

  Xa na final Brais Castro fíxose coa segunda posición, e polo tanto coa medalla de prata, en C1 Home Cadete,  e Manuel Ochoa foi bronce nunha apertadisima final de K1 Home Cadete. 

  Destacar o mérito dos palistas galegos que non contan con ningunha canle apropiada para adestrar, cousa da que si dispoñen vascos e cataláns.


  VÍDEO  

Ningún comentario:

Publicar un comentario