ALEJANDRO FERNÁNDEZ RIVERA, VENCEDOR ABSOLUTO DA XV MEDIA MARATÓN GRAN BAHÍA VIG-BAY 2014
Alejandro Fernández, gañador absoluto da proba, enfiando á recta final da baionesa Rúa Elduayen
Daniel Bargiela Araújo, 2º crasificado da carreira, segundos antes de acadar á meta.
Ricardo Rodríguez Vicente / Baiona
Este domingo día 6 de abril, celebrouse a XV Media Maratón Gran Bahía Vig-Bay, 2014, que contou con un novo récord de participación, xa que tomaron á saída en Samil (Vigo) máis de 5.000 atletas, procedentes de moitos lugares da Península Ibérica, e mesmo desde outros continentes.
O primeiro atleta en cruza-la liña de meta foi o ourensán Alejandro Fernández Rivera, do club New Balance Team, con un crono de 1:06:45.
En segunda posición entrou o ponteareán Daniel Bargiela Araújo, do Club Atletismo Bikila, con un tempo de 01:08:34.
En terceira posición cruzaría á liña de meta o atleta marroquino, afincado en Ourense, Hassan Lekhili, do Club Alejandro Gómez - Acade, con un crono de 01:09:12.
O atleta de A Guarda, Songy Pena enfiando deica á liña de meta.
En féminas, á primeira crasificada foi María Yolanda Gutiérrez Robles, de Ourense, pertencente o club New Balance Team. Seu rexistro foi de 01.23:43.
En segunda posición chegou Sara Pérez Rodríguez, de Mos, do Comesaña Sporting Club (Feminino), con un crono de 01:25:46.
En terceira posición entraría Águeda Ofelia Blanco Pérez, de Pontevedra, pertencente o Comesaña Sporting Club (Feminino), con un tempo de 01:27:59.
A carreira, magníficamente organizada, desenvolveuse con unha climatoloxía propicia para este tipo de eventos, na que á temperatura do aire oscilou arredor dos 13-14 grados, e as precipitacións en forma de suave orballo, foron moi escasas. Houbo, eso sí, algo de vento do Noroeste, que nalgúns tramos do trazado obrigaron os atletas a facer máis esforzo do que sería desexábel.
A proba rematou na vila de Baiona, onde máis de 10.000 persoas déronse cita para presenciar á chegada dos esforzados atletas, participando en vivo i en directo de un evento apto para tódolos públicos, e para o que tódolos esforzos feitos pola organización, concellos de Vigo, Nigrán e Baiona, e empresas colabouradoras, consideramos que tiveron un mágnifico colofón coa entrega de premios na Praza da Palma, onde se deron cita o Secretario Xeral para o Deportes, da Xunta de Galicia, alcalde de Baiona, concelleiros de Deportes, de Vigo, Nigrán e Baiona, e outras representación.
O guardés Julio Alonso Da Costa - o fondo da imaxe - achegándose á liña de meta.
Polo que respecta á participación de atletas de A Guarda, compre salientar que á representación foi dignísima. Alí pudemos ollar como José Antonio Álvarez Otero, Gonzalo Brandón Domínguez, Songy Pena Lomba, Julio Alonso Da Costa, Diego Vicente González, Xesús E. Montero Ferreira, Javier González Verde, Leonardo Torreio Domínguez, Julio Esperanza Martínez, José Antonio Pérez Alonso, Carlos Cividanes Vicente, Antonio Enrique Rodríguez Sobrino, Leoncio Manuel Rodríguez Sesto, Ignacio Lomba Vicente, Sergio Da Silva Rocha, Iván Fernández Rodríguez, Ricardo Rodríguez Martínez, Alejandro A. Crespo González, Conchi Adrover Pacheco, María Jesús Gómez González e Fani Carnero Cardoso, remataron á carreira e nalgúns casos, acadando unhas meritorias crasificacións.
Coa camiseta naranxa, un atleta de A Guarda, a punto de acadar á meta
Neste grupo de participantes tamén ía outro atleta guardés
RESULTADOS







Ningún comentario:
Publicar un comentario