CAÍNO VASCONCELLOS EXPÓN EN MONFORTE DE LEMOS
O pintor de Baiona expón na Galería Sargadelos, ata o vindeiro 10 de maio, unha mostra da súa obra
O pintor Caíno Vasconcellos, na súa vivenda-estudo
Desde o día 4 de abril ata o vindeiro día 10 de maio, a Galería Sargadelos (Praza de España, nº 2), de Monforte de Lemos, acolle unha exposición pictórica do artista Claudio Vasconcellos Cabral (Caíno).
Nesta nova mostra da súa obra no Val de Lemos - onde xa expuxera en outubro de 2008 -, o pintor de Baiona presenta 25 obras pintadas ao óleo. Nelas, o artista amosa seu sensíbel mundo interior, facianas, figuras, romarías,... e tamén cooristas paisaxes galegas, que forman parte dos espazos da súa memoria como persoa e como artista.
Á obra de Caíno sobresai por ten un selo moi persoal. Son cadros caracterizados por suaves empastes e veladuras. Á materia e a cor, en total irmandade, dando vida a suxerentes creacions nas que o artista reflicte co seu estilo post-expresionista, mulleres, homes e picariños; donas que aleitan ou arrolan seus críos, figuras espidas, feiras tradicionais, paisaxes do seu entorno vital,... Todo elo, con un cromatismo que convida á contempración de tanta beleza.

Horarios de visita:
Luns a venres de 10:00 á 13:30 e 16:30 á 20:00 h.
Sábados de 10:00 a 13:30 h.

Ningún comentario:
Publicar un comentario