19 de abr. de 2014

CULTURA

O libro dixital de Emilia Pardo Bazán Apuntes de un viaje acada preto de 1.200 descargas en tan só dez días  

A obra, que é de acceso libre e gratuíto, é unha transcrición e reprodución dixital dun libro inédito escrito pola autora

O libro Emilia Pardo Bazán: Apuntes de un viaje. De España a Ginebra (1873) editado pola Universidade de Santiago de Compostela e a Real Academia Galega e de acceso libre e gratuíto acadou en dez días preto de 1.200 descargas a través do repositorio institucional da USC Minerva. O libro é unha reprodución facsímil con estudo, edición e notas do profesor José Manuel González Herrán, coas percepcións da autora durante unha viaxe por toda Europa coa súa familia. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario