11 de abr. de 2014

CAMPOSANCOS

O PRESIDENTE DA ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS CONVOCOU UNHA REUNIÓN ORDINARIA DA XUNTA VECIÑAL

A sesión anterior tivo lugar fai máis de 16 meses

Infogauda / A Guarda


  Despois de 16 meses sin haberse celebrado nin unha soia sesión ordinaria, segundo afirmou á Vogal da Entidade Local Menor de Camposancos, María Jesús Martínez Martínez; o presidente Rafael Álvarez Martínez, do PSOE, ven de convocar un pleno ordinario para o vindeiro luns día 14 de abril, ás 20:00 horas.

  Na Orde do  Día figuran os seguintes puntos:

1º.- Aprobación da acta da sesión anterior.
2º.- Información da Presidencia.
3º.- Dar conta dos decretos de 31-10-2012 a 31-12-2013.
4º.- Solicitude de permuta de D. Simón Iglesias Martínez.
5º.- Solicitude de permuta de D. Miguel Sousa Alfonso.
6º.- Solicitude de axuda de D. Serafín González Pacheco, Presidente do Club Robaleira.
7º.- Proposta da Presidencia  para o cambio da ordenanza fiscal reguladora da taxa de abastecemento de auga.
8º.- Proposta da Presidencia para solicitar a Xunta a urbanización da estrada PO-352.
9º.- Talas de madeira.
10º.- Rogos e preguntas.

Convocados: 
D. Rafael Rodríguez Rivero
Dª. María Luz Alonso Carrero
Dª. Almudena Verde Pérez
Dª. María Jesús Martínez Martínez 

  A vista da devandita convocatoria observamos que o convocante omite - de xeito deliberado - á data da sesión anterior. Probablemente para tentar disfrazar seu particular estilo de face-las cousas, que non é, con certeza, un exemplo a seguer. Máis ben poida que sexa todo o contrario. 

  Para haberse asignado unha retribución mensual como se asignou, evidentemente cos votos a favor dos vogais do PSOE, o presidente da Entidade Local Menor de Camposancos, debería ter un pouco de celo na súa labor, que entre outros cometidos, debera conlevar que se cumpla unha periodicidade de sesións ordinarias, e previamente ás mesmas se lles facilite á documentación a tratar a tódolos vogais, sen cair en cicaterismos en canto o tempo de consulta. Segundo puido saber Infogauda, o presidente da Entidade Local Menor de Camposancos concedeu 90 minutos para acceder os decretos emitidos o longo de máis de un ano. Tempo que á vogal María Jesús Martínez Martínez, do PP, considera insuficiente. E decir que ademáis de tardón na convocatoria da sesión, que terá lugar o vindeiro luns, o presidente non se destaca precisamente pola súa magnanimidade deica á oposición. Esquece, tal vez, que tanto él como tódolos vogais - tamén os do seu grupo - débense o electorado, e decir, á cidadanía que no seu día os elexiu.

Ningún comentario:

Publicar un comentario