PREVISIÓNS BNG, DOMINGO 27 ABRIL 2014
ANA MIRANDA PARTICIPA POLA TARDE EN ARBO NA MANIFESTACIÓN INTERNACIONAL
CONVOCADA POR COLECTIVOS DE GALIZA E PORTUGAL CONTRA O TRAZADO DUNHA LIÑA
ELÉCTRICA
A cabeza de lista do BNG ao Parlamento Europeo, Ana
Miranda, participa o domingo 27 de abril en Arbo na manifestación
internacional convocada por colectivos de afectados de Galiza e Portugal contra
o trazado dunha liña de alta tensión.
A manifestación sairá ás 17:00 horas da rotonda de San
Benito. A cabeza de lista do BNG estará acompañada da eurodeputada do Bloco de
Esquerda de Portugal, Marisa Matias, con quen Ana Miranda presentou
recentemente unha iniciativa no Parlamento Europeo en relación a este tema.
Ana Miranda fará declaracións aos medios de comunicación
antes do arranque da manifestación.
TEMA: Manifestación internacional contra o trazado da liña eléctrica de alta
tensión
LUGAR: Saída da rotonda de San Benito
(Arbo)
HORA: 17:00 horas
INTERVIRÁ: Ana Miranda
Ningún comentario:
Publicar un comentario