15 de abr. de 2014

A GUARDA

TRIBUNA ABERTA


Sr. Alcalde, vostede minte máis que fala


        Despois de haber aparecido nos diversos medios de comunicación a súa resposta sobre a SENTENCIA 56/14 pola que a Xuiz condena ao Concello de A Guarda a levar a cabo as diversas obras necesarias para facilitar a integración e igualdade de oportunidades e non discriminación por incapacidade física e accesibilidade universal de meu pai VALENTÍN GONZÁLEZ GONZÁLEZ, debendo para elo elaborar e executar o correspondente proxecto ou programa de accesibilidade ou axuda dacordo ca normativa vixente nesta materia.

                Agora cando Vostede anuncia que a Xuiz está equivocada e o sentencia en base a unha Lei que (según súa opinión) está derogada (iso se o fai a sabendas ten un nome). 

             A familia de Valentín González González, por medio de súa filla MARIA TERESA GONZÁLEZ LOMBA, quere facer público que despois de TRES (3) ANOS solicitando se dé unha solución, do Goberno Municipal somentes obtivo respostas como:

a).-Sería bó que venderan a casa e compraran un piso noutro lugar que tivera ascensor e así se evitaban os problemas”.

b).- “Tendes unha solución, subilos as costas”.

c).- “O único que vos podo facer, é darvos o teléfono e cando teñades que subilo a AMBULANCIA, me chamades e mando a dous empregados municipais”.

        Nestes momentos, a Familia de Valentín González González, somentes quer que se faga unha cousa: CUMPLA A SENTENCIA XUDICIAL.

    Non dí a verdade cando fala de que Servicios Sociais se interesaron pola problemática existente, sería bó que lle dixera aos veciños cando, como e que falaron ca familia, xamais visitaron a vivenda e as veces que a familia acudiu a ese Departamento recibiu respostas parecidas as que deu vostede.

     Non dí a verdade cando fala que a sentencia  non é factible nin se axusta a legalidade, a  pois na Sentencia aparece reflexado o seguinte: Este proyecto (o presentado pola familia que de xeito desinteresado elaborou o arquitecto guardés Ignacio Martínez) foi rechazado nún informe do Departamento de urbanísmo do Concello, elaborado polo arquitecto municipal (folio 17) que si ben recoñece que se axusta en liñas xerais a normativa vixente sobre accesibilidade….

   Non dí a verdade cando fala de que estudaron diversas alternativas, a Xuiza na Sentencia destaca que o Concello recoñece os problemas de Valentín González González, pero non ten levado a cabo ningunha actuación para remedialos.

    Non dí a verdade cando fala  buscar solución e na Sentencia se sinala que o Concello: Non acredita a existencia de ningún proxecto ou programa de accesibilidade ou programas de axudas a fin de garantir o principio de igualdade de oportunidades….

     Non dí a verdade cando fala en relación aos demais casos existentes na localidade, nos tamén queremos que se resolva o problema dos demais, pero con esa disculpa –de mal pagador- non arranxa nín os que sinala a Sentencia nin a dos demais veciños de A Guarda.

    Non dí a verdade cando dí que o noso proxecto dana e destroza o Muro, pero ademais, ca súa actuación, a diario contemplamos como a conserva os restos da Muralla Medieval, permitindo cableados, antenas, e de propina a cantidade de prantas que crecen nela, destrozando e erosionando a pedra, con filtracións de augas da parte darriba.

  Non dí a verdade cando fala da falta e cartos no concello, si precisa, podemos facerlle un listado dunha boa cantidade de gastos inútiles –pero propagandísticos- que gasta mes a mes que poderían ser usados para arranxar este e outros problemas.

  Din que non hai cartos –escasos dóus mil (2000 €) euros- para a rampa, e propón eliminar as escaleiras da Cofradía ¿Os socios desta entidade entrarán en globo ou paracaídas? A nosa alternativa plantexa a integración das mesmas nún solo corpo,  ¿O séu proxecto cal é? Pero hai máis, ¿canto diñeiro imos gastar en procedementos xudiciais  e en abogados para seguir mantendo a súa postura? SEGURO QUE BASTANTE MAIS QUE O COSTE DA NOSA PROPOSTA.

  
María Teresa González Lomba
Baixo Muro, 14
36780 A GUARDA


REXISTRO DE ENTRADA Nº 1966

DATA DE REXISTRO: 14-ABRIL-2014

Nota de Infogauda:

Ningún comentario:

Publicar un comentario