ESTADO DE TOTAL ABANDONO DAS PRAIAS DE AREA GRANDE E FEDORENTO
Despois dunha tempada invernal longa e dura, agora ca chegada do bó tempo e co inicio dos periodos vacacionais, o entorno das praias de Area Grande e Fedorento que durante o inverno sufriron moito as inclemencias dos temporais, os cales ocasionaron numerosos desperfectos.
Dende Converxencia Galega deixamos pasar un tempo prudencial para que por iniciativa do Concello se procedese a levar a cabo os arranxos oportunos.
Hoxe, despois de diversas visitas o lugar, as zonas da Praia de Fedorento e Area Grande, sigue sendo un espectáculo deplorable, xa que as melloras non se ven por ningún lado, entre elas:
a).- Falla de limpeza e acondicionamento do areal da praia de Area Grande, xa estamos en datas vacacionais de Samana Santa, pero a praia sigue sendo un exemplo de abandono.
b).- Non reposición das lousas do paseo da praia. Hai tramos enteiros de lousas do paseo que foron arrincados polos temporais do inverno, pero a día de hoxe ainda non se procedeu a súa reposición das lousas, co cal mantense o estado de abandono e deterioro.
c).- Non reposición das pasarelas de madeira do paseo norte da praia. Os temporais arrincaron os tramos de madeira do paseo, hoxe ainda seguen arrincandas, sen repoñer, hai tramos que están abandonados como fai meses, o cal é unha sinal evidente do abandono xeneralizado que está padecendo esta praia.
d).- Puntos de amoreamento de lixo incontrolados. No final do paseo norte, perto do inicio do Camiño Portugués pola Costa, hai varios vertidos de lixo incontrolados. Levan así varios meses, o cal é evidencia a total ausencia de limpeza e coidados que ten o entorno da praia da Area Grande.
Dende Converxencia Galega lamentamos a situación de abandono e ausencia total de limpeza e coidados que debería ter a Praia de Area Grande. Fiel reflexo do estado en que se atopan outros puntos do noso Concello, pero no caso das praias, a gravedade é moito máis salientable, por ser o entorno turístico, puntal nestes momento da nosa espectativa económica.
Todo isto acontece porque os membros do Goberno Municipal viven pechados nos seus despachos oficiais, ou saen a rúa cando van a “cuchipandas” polo que están ausentes da realidade diaria que se vive en A Guarda.
A Guarda, a 08 de abril do 2.014
Xosé María Martínez Rodríguez
Responsable Local de Converxencia Galega
Ningún comentario:
Publicar un comentario