CONVERXENCIA GALEGA CONSTATA DEIXADEZ E ABANDONO DAS INSTALACIONS DO CASTELO DE SANTA CRUZ
Cando ainda non fai nin medio ano da apertura o público do Castelo de Santa Cruz, unha visita a ditas instalacións, podemos ollar a degradación que está sufrindo a inversión levada a cabo nese lugar, ante a indiferencia e deixadez das súas obrigas do Equipo de Goberno Municipal do PSOE co Sr. Freitas a cabeza.
Unha pequena incursión polas instalacións, dende Converxencia Galega, detectamos unha morea de deficencias, entre elas:
1º).- A cartelería de obra sobre o Castelo, está caida na entrada da Porta de Socorro. Así mesmo a cartelería da zona verde da rúa Santo Domingo de Guzmán, leva varios meses meses roto e tirado no chán.
2º).- Varios puntos das instalacións se están convertindo en vertedoiros incontrolados, entre eles, a veira da Porta de Socorro, fronte a muralla recien reconstruida. Nesa zona podemos mirar restos arbóreos, vexetais, de material de construcción,… Neste lugar, a carón da entrada principal,… “lixo a estalla”.
3º).- Existe unha carencia total e absoluta de papeleiras no entorno próximo e dentro das instalacións do Castelo. Se non hai elementos donde poder depositar o lixo, non resulta extrano que unha boa parte do mesmo remate no chán.
4º).- En poucos meses, podemos atopar unha serie de elementos técnicos deteriorados, entre eles, puntos de luz, pedras soltas, desniveladas e sendo un perigo para os visitantes.
O Castelo de Santa Cruz sempre foi un desexo e aspiración dos/as veciños/as do noso pobo, dende fai moito tempo os/as guadeses/as desexaban coñecer esas instalacións, e que algún día foran para uso e disfrute público.
Agora, despois que entre as distintas Administracións se invertiron unha boa cantidade de cartos, e tras poucos meses de levarse a cabo a súa inauguración protocolaria, xa presenta síntomas de esquecimento polas Autoridades Municipais, do Concello de A Guarda.
A conclusión que llegamos dende Converxencia Galega, consideramos que si isto está acontecendo con un Ben de Interese Cultural (B.I.C.) protexido polo Decreto do 22 de abril de 1949 (B.O.E. do 05-05-1973) sobre protección de castelos españois, sometido o réxime que para esa categoría establece a Lei 16/1985 do Estado e da Lei 8/1995 da Xunta de Galicia, ¿Qué será o que sucede cas cousas de “andar por casa”?
A Guarda, a 22 de abril do 2.014
REGISTRO DE ENTRADA Nº 2134
FECHA 22/ABRIL / 2014
Xosé María Martínez Rodríguez
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario