CONVERXENCIA GALEGA IMPUGNA O CONTRATO DE XESTIÓN DA PISCINA MUNICIPAL
Beatriz Estévez Álvarez, en
calidade de Concelleira-Portavoz do Grupo Municipal de Converxencia Galega,
E
X P O N:
Que en data do 26
de Febreiro e con R/E nº 1028 presentamos alegacións ao Prego de licitación
para o contrato de xestión da Piscina Municipal.
Que ditos pregos foron publicados (feitos públicos)
días despois (así aparece nas copias do expediente) data que usamos como
referencia para presentar ditas alegacións.
Que no derradeiro pleno do 28 de
marzo de 2.014 no séu PUNTO 5º se levou a PROPOSTA DA ALCALDIA DE INADMISION DO
RECURSO PRESENTADO POR CONVERXENCIA GALEGA AOS PREGOS DE CONTRATACION DA
XESTION DA PISCINA MUNICIPAL.
Tal e como se recolle na
notificación con data de saída (1º de abril 2014 nº 909), baseándose no Informe
emitido polo Departamento de Secretaría, alegando a extemporaneidade da data de
presentación das alegacións, aseveración que consideramos erronea.
O Acordo Plenario da aprobación dos
Pregos de Contratación levouse a cabo no Pleno do 24 de xaneiro do 2.014, pola
noite, o día seguinte (sábado) comenzan a contarse os plazos de TRINTA (30) DIAS HABILES -TODOLOS DIAS DA SEMANA, AGAS DOMINGOS E
FESTIVOS- esta situación sinala que o prazo remata o 28 de febreiro do 2.014
Dado que as alegacións de CONVERXENCIA GALEGA foron presentadas o 26 de febreiro, polo tanto, están
dentro do PLAZO ADMINISTRATIVO esixido.
Consideramos que se comete un erro
(non intencionado) na contabilidade das datas, pero vulnera a legalidade
presuntamente dos procedementos de trámites administrativos, xa que si fose
intencionado este erro, estaríamos diante dun caso de implicacións moi graves.
Por todo isto,
vimos a presentar o seguinte RECURSO en base os seguintes PUNTOS:
Os plazos escomenzan a contar a
partir do SABADO 25 por ser celebrado o pleno o venres 24 en horario nocturno e
deben contabilizarse as datas a partir do día seguinte e en días naturais, isto
quer decir que os prazos deberían ser de TRINTA (30) DIAS HABILES.
Que como sinalamos noutro apartado
deste Prego, a adjudicación que se fai e perjudicial aos intereses deste
Concello, e polo tanto aos de tódolos guardeses/as.
Consideramos que existen eivas no
contrato de xestión por unha empresa privada da piscina municipal, así como a
adxudicación realizada o pasado 28 de marzo do 2014.
1º) O contrato ó ser por medio de xestión directa
dunha empresa privada, este debe correr cós riscos da xestión, pero non
acontece así, pois só vai asumir un 12,5% dos custes operativos que ten o
servicio da piscina municipal. Polo tanto os riscos económicos que asume a
parte empresarial privada son mínimos; aquí quen asume os custe é a Facenda
Municipal do Concello da Guarda, quen deben asumir o 87,5% dos custes de
funcionamento.
Como se pode observar neste cadro
informativo, sobre os custes da piscina municipal que ten asumido o Concello da
Guarda:
Ano
2.011
Gastos en electricidade: 56.649,44€
Gastos en combustibles: 37.269,30€ Gasto
total 2.011 = 93.918,74€
Ano
2.012
Gastos en electricidade: 42.775,88€
Gastos en combustibles: 40.286,13€ Gasto
total 2.012 = 83.062,01€
Ano
2.013
Gastos en electricidade: 51.617,17€
Gastos en combustibles: 37.289,39€ Gasto
total 2.013 = 88.906,56€
Ano
2.014 (Previsións estimativas medias)
Gastos en electricidade: 50.347€
Gastos en combustibles: 38.281€ Gasto total
2.011 = 88.628€
Con esta
estimación así fica o reparto dos custes:
Facenda muncipal do Concello da
Guarda: …………………77.549,50€
Empresario privado adxudicatario: ……………………..…11.078,50€
En cambio podemos vemos que os ingresos
medios anuais que obten a empresa privada ronda os 228.000€.
A conclusión
final na que se base este contrato, podemos dicir que é garantirlle uns
beneficios a unha empresa privada coa adxudicación, que se leva o 100% dos
ingresos obtidos, asume unha pequena parte dos custes; e a inmensa maioría dos
mesmos quedan para a Facenda Municipal do Concello da Guarda, que asume o 87,5%
dos custes operativos de funcionamento. Polo tanto o empresario privado non
asume riscos, os mesmos son trasladados dun xeito improcedente á Facenda Municipal
do Concello da Guarda.
É evidente que
hai unha deixadez na función de defensa dos intereses públicos da Facenda
Municipal do Concello da Guarda, tanto por parte de representantes políticos
(PP, úns por abstención e PSOE por conceder), así como dos funcionarios que
deben velar polos intereses do Concello e de tódolos veciños. Dende logo isto
non é un exemplo de defensa dos intereses públicos dos cidadáns da Guarda e do
seu Concello.
2º) A duración do contrato é demasíado longa,
pois son 10 anos i con estas condicións expostas no punto anterior, van supoñer
unha importante carga económica que vai hipotecar decisións de futuras
Corporacións do Concello da Guarda.
En base ó artigo
23º da Lei de Contratos do Sector Público (RD lexislativo 3/2.011), a duración
dos contratos debe establecerse en función da natureza das prestacións,
características da financiación así como da necesidade de sometelos
periódicamente a concorrencia. Dende logo, na documentación preparatoria do
contrato non había ningún apartado que xustificase legalmente ou económicamente
a coveniencia deste período de duración.
Támpouco había
nesa documentación, ningún estudio das posibles consecuencias económicas
futuras que pode acarrexar está longa duración para a Facenda Municipal do
Concello da Guarda. Polo tanto hai unha ocultación intencionada de datos;
ademáis non se cumpre o principio rexistrado no artigo 23º antes citado de
sometelo contrato dun xeito periódico á concorrencia de outros licitadores.
Polo tanto
entendemos, que a duración de 10 anos só é un xeito de garantirlle a un
empresario privado, un longo período de xestión dun ben municipal; secuestrando
este dereito a futuras Corporacións do Concello da Guarda. Polo tanto hai só
hai unha protección ós intereses dunha empresa privada, en detrimento e
perxuizo dos intereses da Facenda Muncipal do Concello da Guarda.
3º) No contrato establecese que a empresa
adxudicataria deberá pagar un canón anual que é moi pequeño, así como unha
pequena procentaxes dos custes operativos. Pero de acordo có artigo 26º da Lei
de Contratos do Sector Público (RD lexislativo 3/2.011), non se específica nin
a forma de face-lo pago ou ingreso destas cantidades a favor da Facenda
Municipal do Concello da Guarda.
Entendemos que
este apartado é moi importante, e debe estar ben reflexado, ben detallado,...
non pode ficar sen determinar cal é a forma de pago, periodicidade da mesma,...
pois entón estamos ante outro trato de favor contractual a prol do empresario i
en detrimento da Facenda Municipal do Concello da Guarda; có agravante de ser
feita por aqueles que deben de velar polos intereses públicos do Concello da
Guarda.
4º) No contrato aprobado e na adxudicación
realizada o pasado día 28 de Marzo do 2.014, dada a longa duración do contrato
(10 anos), non existe ningunha claúsula para proceder á revisión anual do canón
ou dos gastos operativos durante este período temporal.
Con isto é
evidente que se entrega outro beneficio indirecto a esta empresa adxudicataria,
o cal vai repercutir negativamente na Facenda Municipal.
O artigo 89º da
Lei de Contratos do Sector Público (RD lexislativo 3/2.011), abre a
posibilidade de facer unha revisión do precio do canón e dos outros elementos
monetarios ós que debe afronta-la empresa adxudicataria; pero neste contrato
voltamos a topar con outra eiva intencionada, que tamén vai en beneficio da
empresa privada, para repercutir negativamente nos intereses da Facenda
Municipal do Concello da Guarda, todo elo multiplicado pola longa duración do
contrato.
5º) No proceso de debate i elaboración das bases
do contrato, tanto PP como PSOE nunca tiveron en conta tódalas ideas i
alegacións que presentou Converxencia Galega ó mesmo;
lamentablemente o BNG segue nas súas ausencias reiteradas cando se tratan temas
económicos, non sabemos se por escaso interés ou por descoñecemento da materia
(ou ambas cousas).
Cando discutimos
este contrato, Converxencia Galega falou na necesidade imperiosa de incluir
unha serie de claúsulas moi importantes; sobre as cales presentou alegacións.
Nós tomamos como base o artigo 136º da Lei de Contratos do Sector Público (RD
lexislativo 3/2.011); con a incorporación destas claúsulas daselle máis garantías
ós dereitos do Concello da Guarda, tales como:
A)
Formas de pago; xa fose o canón anual ou outros dereitos
monetarios, deben estar ben refrexados como e cando se fai o cobro dos mesmos.
B)
Formas de control e inspección; xa que estamos ante un servicio
público e a xestión duns bens municipais, o Concello da Guarda debe realizar
periódicamente inspeccións sobre o mesmo.
C)
Sancións i penalidades; se das inspeccións realizadas hai
elementos ou accións que van contra a xestión, trato ó públicos,.. o Concello
ten o dereito a impoñer sanción, gradua-la contía das mesmas; pero tamén hai
que darlle unha garantía á empresa, facendo constar no contrato cales son as
infraccións, graduación en gravidades das mesmas e as multas a impoñer.
D)
Modificacións do contrato a realizar polas partes.
E)
Control do Concello para evita-la cesión total ou parcial deste contrato
a outra empresa, ou a terceiros particulares. Evita-la subcontratación
sen o coñecemento do Concello.
F)
Dereitos das obras, equipamentos e do instrumental ó final do contrato.
Como vemos son
moitas as carencias que presenta o contrato xa adxudicado; dada a cantidade das
mesmas, poderíamos estar ante un caso de neglixencia intencionada có fin de
outorgar favores; pero sempre na dirección de beneficiar á empresa privada, e
sempre en detrimento da Facenda Municipal do Concello da Guarda.
6º) O artigo 24º da Lei de Contratos do Sector
Público (RD lexislativo 3/2.011) sinalas que existe a posibilidade de obter
indemnizacións por danos i perxuizos ocasionados polo mal ou neglixente
funcionamento do servicio. Pero non atopamos nada ó respecto no contrato.
¿Outro esquecemento?
7º) O artigo 320º da Lei de Contratos do Sector
Público (RD lexislativo 3/2.011) sinala a necesaria presencia na mesa de
contratación da funcionaria titular do Servicio de Intervención do Concello,
así como a titular do Servicio de Secretaria do Concello da Guarda.
Pero para nada
se fala nese artigo da Lei da presencia do técnico de urbanismo do Concello;
entendemos que a súa presencia neste contrato e pola natureza e funcións do
mesmo non era necesaria; ademáis non é a persoa competente para emitir os
informes técnicos precisos no proceso administrativo que conduce á redacción
final do contrato.
8º) Consideramos que o Servicio de Intervención
do Concello da Guarda, debería ter eleabourado un informe económico sobre as
repercusións financeiras i económicas que vai supoñer este contrato adxudicado
para a Facenda Municipal. Que repercusións vai supoñer na débeda que ten o
Concello,... pero non hai nada ó respecto.
A adxudicación de calquer contrato
polas diversas administracións públicas, debe axustarse a lexislación vixente,
fundamentalmente a disposición 7.3 da Lei Orgánica 2/2012 do 27 de abril, de
Estabilidade Presupostaria e Sostenibilidade Financieira.
O artigo 7.3 da Lei 2.012 dispón que as disposicións legais e
regulamentarias, na sua fase de elaboración e aprobación, os actos
administrativos, os contratos e os convenios de colaboración, así como calquera
outra actuación dos suxeitos incluidos no ámbito de aplicación desta Lei que
afecten os gastos ou ingresos públicos presentes e futuros, deberán valorar as
súas repercusións e efectos, e supeditarse de forma estricta ao cumplimento das
esixencias dos principios de estabilidade orzamentaria e sostenibilidade
financieira.
En base a
tódalas carencias aquí expostas, que nunca foron tidas en contada nas
alegacións presentadas no seu intre, nin se quixeron ter en conta no Pleno do
día 28 de Marzo do 2.014. Converxencia Galega ven a presentar unha
impugnación contra a totalidade do contrato adxudicado no Pleno na data do 28
de Marzo do 2.014, por ser contrario ós intereses da Facenda Municipal do
Concello da Guarda.
A Guarda, a 16
de abril do 2.014
Beatriz Estévez Álvarez
Rexistro de Entrada nº 2.079
Data de Rexistro: 21-94-2014
Sr.
Alcalde-Presidente
Sr/a
Secretario/a
Sr/a Tesoreiro/a
Sr/a
Interventor/a
Concello de A Guarda

Ningún comentario:
Publicar un comentario