29 de mar. de 2014

TOMIÑO

O BNG levará aos parlamentos Europeo e Español a rebaixa do IVE para o sector da Flor e da Planta Ornamental 


Infogauda / Tomiño

 A candidata do BNG ás eleccións europeas, Ana Miranda, e a deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández, mantiveron onte venres en Tomiño, un encontro co sector da Flor e Planta Ornamental do Baixo Miño.

 Os productores de flor e planta ornamental trasladaron ao BNG as dificultades polas que están a atravesar coa suba do IVE ata o 21%, que dificulta a consolidación deste sector agrario na Comarca que tenta manter unha plantilla obreira maoiritariamente feminina.

 Ana Miranda despois de agradecerlles a súa importante laboura manifestou que "o sector da flor e planta ornamental, é un sector de futuro e sostible pero é imposibel competir nun mercado no que os outros paises Europeos tributan por estes productos entre un 6 e un 8 % mentres que no Estado Español o IVE representa o 21%” Comprometeuse a interpelar ao Tribunal de Xustiza Europeo en torno á necesidade dunha fiscalidade uniforme e homologada nos Estados Membros, para obter un tratamento igualitario dos productos".

 Noutro momento da súa intervención fixo referencia a necesidade de que a Politica Agraria Común apoie ás situacións climatolóxicas de risco neste sector tan importante para a comarca do Baixo Miño.

 Olaia Fernández comprometeuse tamén a levar ao Congreso dos Deputados o debate sobre esta situación dramática que fai que agora este sector non poida ser competitivo por mor dun agravio comparativo ao que o somete o Estado Español.

 A deputada nacionalista comprometeuse tamén a entrevistarse co Ministro de Facenda e co Ministro de agricultura para así defender a este sector que por" este imposto ten o seu futuro estancado."

 Posteriomente visitaron varios viveiros da comarca, onde coñeceron de primeira man o traballo deste sector agricola que soubo modernizarse para poñer en valor os nosos productos e que na actualidade e a pesar dos atrancos está a cabeceira en Europa en exportación, e tamén é a primeira no Estado Español en acadar  o Certificado de Calidade Español (PPQS).

Ningún comentario:

Publicar un comentario