A PROPOSTA DA PLATAFORMA DE PREFERENTISTAS DO BAIXO MIÑO, DA RETIRADA DE CONTAS EN NOVAGALICIABANCO FOI APROBADA POR UNANIMIDADE NO PLENARIO DE A GUARDA
A Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño, no pleno ordinario de 31 de xaneiro, achegou unha proposta de prego, que entre outras cousas, solicitaba que o Concello da Guarda, retirase as súas contas de Novagaliciabanco se o novo dono da entidade, Sr.Escotec, non cumpría a súa promesa de dar unha solución a esta estafa masiva antes do 31 de marzo.
Dous meses despois decídese presentar este prego coma moción, que foi votada a favor por unanimidade, excepto por un membro do Partido Popular, Rafael Pablo Rodríguez, actual traballador de Novagalicia no concello de Oia, que se incorporou á sesión plenaria xusto despois deste punto.
Así tamén, dicir que, a pesares de que se acordou retirar as contas, aínda, despois de dous meses que se deu a coñecer esta proposta, non se fixou unha data para efectuar as retiradas de contas.
Porén dende a Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño esiximos ao Concello da Guarda a máxima celeridade para que esta xestión se leve adiante.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario