NOVAS EXPECTATIVAS AGROFORESTAIS
XORNADA INFORMATIVA
XOVES, 20 DE MARZO DE 2014, ÁS 19:00 H. NO SALÓN DE EXPOSICIÓNS DO CONCELLO DO ROSAL
Araceli del Pozo Galiñanes / O Rosal
Novas expectativas agroforestais será o tema que se tratará na xornada monográfica que se celebrará o próximo xoves día 20 de marzo, ás 19:00 h., na Sala de Exposicións do Concello do Rosal sobre a posta en valor dos espazos agrarios e forestais.
A xornada está organizada polo Grupo de Desenvolvemento Rural Maiv – Baixo Miño en colaboración co Concello do Rosal.
Ainda que a presenza á charla é libre e de balde, prégase confirmación de asistencia no teléfono 986 44 30 30 ou a través do enderezo electrónico info@agdr18.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario