A Xustiza dálle a razón a CCOO e obriga o SERGAS a computar como tempo de traballo efectivo os días de libre disposición
Como consecuencia, o Servizo Galego de Saúde deberá efectuar un novo cómputo da xornada efectiva anual dos últimos cinco anos
Ángel Cameselle, secretario xeral da Federación de Sanidade de CCOO
Dúas sentenzas do Xulgado Contencioso-Administrativo n.º 2 de Vigo danlle a razón á Federación de Sanidade de CCOO de Galicia e obrigan o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) a computar como tempo de traballo efectivo os días de libre disposición, «con independencia de que sexan ou non solicitados e gozados». Partindo desta premisa, o veredicto condena o SERGAS a volver calcular a xornada anual das persoas denunciantes.

Ningún comentario:
Publicar un comentario