1 de feb. de 2014

A GUARDA

RECIEN INAUGURADA, E GOTEIRAS POR TÓDOLOS LADOS

CONVERXENCIA GALEGA RESUME DESE XEITO O RESULTADO DAS RECENTES OBRAS NA PRAZA DE ABASTOS DE A GUARDA 


 Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu” 
Responsable Local de Converxencia Galega
                       A Guarda


  Fai poucas datas, a “bombo e platillo” as nosas autoridades do PSOE, a través dos medios de prensa, e co acompañamento fotográfico dos concelleiros e portavoz do Partido Popular, nos falaron da inversión desenvolvida na Praza de Abastos e as “grandes melloras” para a praza do século XXI (falta o contido da mesma), pero ese é outro falar.


  O Alcalde e as candidatas do goberno do PSOE e do PP na oposición, sacaban peito polo acontecido, e ata se esqueceron que estamos no inverno, e en Galicia, polo tanto tamén en A Guarda, chove e ven mal tempo. 
Para iso gastaron 70.000€!


  Dende Converxencia Galega, non imos poñer moito máis información, recen inaugurada a obra, pero temos goteiras por varios sitios, hai humidades, hai que por caldeiros para recoller goteiras,... 

  Ou sexa, as obras foron unha chapuzada.   Xa que dí un refrán popular que “unha imaxe vale máis que mil palabras”.



  Que cada veciño/a faga o séu análise, somentes nos queda unha pregunta: 

  O arranxo imos pagalo os guardeses/as ou vai ser feito pola empresa que arranxou as instalacións? Pois a obra ainda debe estar en garantía.


Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario