4 de xan. de 2014

A GUARDA

CCD A GUARDA - BAIXO MIÑO LAMENTA A TARDANZA DO EQUIPO DO 061 A UN ATROPELO NA GUARDA


Xerman Cordero Verde 
Responsable Comarca do CCD 
A Guarda-Baixo Miño

  Dende Ciudadanos de Centro Democratico A Guarda - Baixo Miño queremos manifestar o noso descontento pola tardanza da ambulancia no atropelo que tivo lugar onte día 3 de xaneiro de 2014, nun paso de peons na Guarda. 

  Se o radio de actuación dos equipos de emerxencias son coma máximo 25 minutos non entendemos como a ambulancia que está en San Roque a 10 minutos, como moito, do lugar do atropelo tardou 30 en chegar.  

   Dende CCD A Guarda Baixo Miño demandamos que os concellos de A Guarda, Oia e O Rosal se unan para demandar da Consellería de Sanidade unha ambulancia mais para esta zona e que a súa base estea no PAC da Guarda.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario