11 de dec. de 2013

MAR

Rafael Louzán e Rosa Quintana reuníronse esta mañá con representantes dos 23 pósitos e da Federación
A DEPUTACIÓN, EN COORDINACIÓN COA XUNTA E A FEDERACIÓN DE CONFRARÍAS, ABRE 4 LIÑAS DE AXUDA PARA A IMPULSAR O SECTOR PESQUEIRO E MARISQUEIRO NA PROVINCIA
·        Subministrará semente para a rexeneración dos bancos marisqueiros
·        Dotará dos medios necesarios ás confrarías para melloras na cadea da comercialización
·        No marco do Plan de Práctica Laboral, dotará de persoal cualificado aos pósitos, para que poidan mellorar a súa xestión
·        Impulsará un plan de formación que permita aos traballadores e traballadoras do mar actualizar os seus coñecementos e adaptarse aos novos requirimentos legais
Dar un novo pulo ao sector pesqueiro e marisqueiro da provincia de Pontevedra é o obxectivo da xuntanza que esta mañá mantiveron na Deputación de Pontevedra o presidente desta institución, Rafael Louzán, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, e os representantes das confrarías da provincia.
Desta xuntanza saíu un acordo de cooperación e coordinación que vai permitir que a Deputación complemente as accións que a Xunta de Galicia está a levar a cabo para a promoción do sector, coa apertura de 4 liñas de axuda centradas nos piares básicos para o futuro do sector, como son o aumento da produción, a mellora da comercialización, a formación e a dotación de persoal cualificado ás confrarías para unha xestión máis eficaz.
Rafael Louzán indicou que estas achegas (que se calcula que se situarán en torno aos 500.000 euros) se van realizar de forma coordinada con todas as confrarías, que serán as que concreten de forma conxunta e da man da Federación de Confrarías da provincia, cales son as súas necesidades nos catro aspectos sinalados para que, unha vez definidas, a Deputación lle dea cobertura por medio dun convenio coa Federación Provincial de Confrarías.
Producir máis e vender mellor
Así, Louzán anunciou que a Administración provincial subministrará a semente necesaria para a rexeneración dos bancos marisqueiros, de forma que se poida aumentar a produción e que o sector poida seguir actuando como “motor de emprego” na provincia.
Neste sentido, tanto o presidente da Deputación, como a conselleira do Mar e o propio responsable da Federación de Confrarías, José Antonio Gómez Castro, incidiron na relevancia desta actuación, dado que as dificultades económicas que os pósitos teñen nestes momentos dificulta incluso a adquisición desta semente e, en consecuencia, pon en perigo a produción.
Igualmente relevante é o plan de mellora da comercialización que desde as confrarías se quere impulsar e para o cal a Deputación facilitará o equipamento e medios técnicos e materiais necesarios. O obxectivo é dar maior saída aos produtos propios, para o que se actuará tanto nas propias lonxas, como no envasado e etiquetado de produtos, en accións de marqueting, eventos de promoción gastronómica, publicidade, etc.
Formación e cualificación
Outro dos factores sobre o que se quere incidir é a mellora da formación e a profesionalización das confrarías.
Nesta liña, o sector amosou as dificultades actuais para a contratación de persoal cualificado que permita unha xestión máis eficiente, así como para mellorar a formación dos profesionais da pesca e o marisqueo, que precisan dunha continua adaptación aos cambios normativos.
Por iso, a Deputación valerase do Plan de Práctica Laboral en Empresas que ten en marcha nestes momentos para dotar a todas as confrarías da provincia de persoal titulado que lle permita unha xestión máis profesional e efectiva.
Os bolseiros traballarán durante un ano nestes centros e o obxectivo é que poidan renovar posteriormente cun contrato de traballo. Neste sentido, Rosa Quintana quixo felicitar á Deputación por esta iniciativa de xeración de emprego e amosouse convencida de que é unha boa maneira de que as confrarías perciban os beneficios dunha xestión profesionalizada e poidan mellorar a súa situación actual.
Finalmente, a Administración provincial actuará tamén na mellora da formación dos profesionais do mar financiando os cursos que precisan realizar para adaptarse á nova lexislación.
Listado patróns maiores de confrarías que asistiron á xuntanza

José Luis Rubianes Rey, da Confraría de Pescadores “Virxe do Carme” de Arcade
Ramón Costas Iglesias, da Confraría de Pescadores “La Anunciada” de Baiona
Evaristo Fernández Lorenzo, da Confraría de Pescadores “San José” de Cangas
Manuel Pena Chapela, Confraría de Pescadores “San Martín” de Moaña
Clemente Bastos Estévez, Confraría de Pescadores “San Juan” de Redondela
Francisco Pérez Rodríguez, Confraría de Pescadores “Santa Tecla” de A Guarda
Juan Manuel Gregorio Vaqueiro, Confraría de Pescadores “Santa Cipriano” de Aldán – Hío
José Manuel Rosas Otero, Confraría de Pescadores “San Martín” de Bueu
José Luis Santiago Pereira, Confraría de Pescadores “Sta. María del Puerto” de Marín
María del Carmen Simón Freijo, Confraría de Pescadores “San Telmo” de Pontevedra
Isaac Manuel Querejeta Pérez, Confraría de Pescadores “San Gregorio” de Raxó
Sauro Martínez Durán, Confraría de Pescadores “Sta. Rosalía” de Sanxenxo
José Antonio Gómez Castro, Confraría de Pescadores “San Roque” de Portonovo e presidente da Federación de Confrarías
Gerardo García Iglesias, Confraría de Pescadores “San Martiño” de O Grove
Benito González Sineiro, Confraría de Pescadores “San Antonio” de Cambados
Evangelina Lago Valle, Confraría de Pescadores “La Pastoriza” de Vilanova de Arousa
Angel Manuel Iglesias García, Confraría de Pescadores “San Xulián” da Illa de Arousa
Fernando Franco Quintáns, Confraría de Pescadores “Santiago Apóstolo” de Carril
Confraría de Pescadores de Vilaboa

Ningún comentario:

Publicar un comentario