O alcalde de As Neves suspende o Pleno logo de que “3 ou 4″ Afectados polas Preferentes pedisen a palabra
Pleno de As Neves (arquivo)/Tresyuno Comunicación
O alcalde de As Neves suspendeu o Pleno, convocado para este luns pola maña, logo de que varios afectados polas Preferentes, “3 ou 4”, segundo indicou o propio Raúl Emilio Castro, tentasen tomar a palabra ao principio da reunión da Corporación para pedir, de novo, o apoio do Concello á súas demandas e o compromiso de que haberá unha representación do mesmo na manifestación convocada en Compostela os vindeiros días.
Ningún comentario:
Publicar un comentario