O 1 de novembro deberán estar traballando os 870
traballadores que a Administración Provincial destina aos municipios
O 10 DE OUTUBRO REMATA O PRAZO PARA QUE OS CONCELLOS DA PROVINCIA DE
ACOLLAN AO II PLAN DE EMPREGO DA DEPUTACIÓN
·
O orzamento do programa supera os 3 millóns de euros
·
Trátase dunha medida dirixida especialmente a persoas de
máis de 30 anos sen emprego nin prestacións
·
Cada concello poderá dispor de entre 8 e 17
traballadores, en función do número de habitantes
·
Os contratos serán a tempo parcial e cunha duración de
seis meses
·
Búscase darlle unha oportunidade ao maior número posible
de persoas e dotar aos concellos de recursos humanos para a prestación de
servizos básicos
O 1o de outubro é a data límite para que os concellos da
provincia que desexen acollerse ao II Plan de Emprego da Deputación Provincial
presenten as súas solicitudes, co obxectivo de que antes do 1 de novembro
estean formalizados os 870 contratos que a Administración Provincial financiará
para que traballadores desempregados presten servizos básicos nos concellos.
Na solicitude os concellos deberán indicar os servizos
para os que demandan o persoal e o perfil das persoas desempregadas que
precisan contratar, tendo en conta que deberán ir destinadas obrigatoriamente á
prestación ou ao desenvolvemento de servizos, tarefas e funcións de carácter
prioritario.
870 novas
oportunidades
O obxectivo da Administración provincial é darlle unha
oportunidade de traballo a persoas que nestes momentos se atopan nunha
situación precaria. Por iso, a iniciativa vai dirixida especialmente a persoas
de máis de 30 anos que non só se atopen en situación de desemprego, senón que
tamén carezan de prestacións ou dispoñan unicamente de prestacións sociais
básicas coma o RISGA.
Os contratos serán a tempo parcial e cunha duración de
seis meses, co que se busca darlle unha oportunidade ao maior número posible de
persoas, ao tempo que se dota aos concellos de recursos humanos para a
prestación de servizos básicos.
Nesta liña, cada concello disporá de entre 8 e 17
traballadores, segundo o número de habitantes.
Financiamento
íntegro dos custes salariais
Os concellos beneficiarios deste Plan de emprego terán
que solicitar os traballadores a través da oficina pública de emprego e
encargaranse de tanto de facer a selección do persoal de entre os candidatos
remitidos pola antedita oficina como de formalizar os contratos.
Pola súa banda, a Administración Provincial correrá cos
custes salariais íntegros destas contratacións, para o que dispón dun orzamento
de 3.010.953,60 euros, sendo o salario de cada traballador de 700 euros.
Preto de
3.000 postos de traballo nun ano
Louzán lembrou que este II Plan de Emprego enlaza co I,
que está a piques de rematar e que deu traballo a outros tantos desempregados.
A el hai que sumar outras iniciativas coas que a
Deputación de Pontevedra está a impulsar o emprego na provincia, atendendo de
maneira especial a colectivos con especiais dificultades.
En total son preto de 3.000 os postos de traballo que a
Deputación de Pontevedra impulsará ao longo deste ano, entre os que figuran as
contratacións de preto de 1.800 persoas entre os anteditos dous Plans de
Emprego para a prestación de servizos básicos nos concellos, e dirixidos a persoal
sen cualificación e de difícil inserción laboral; e os dos dous Plans de
Práctica Laboral tamén en marcha.
Ningún comentario:
Publicar un comentario