21 de out. de 2013

CINEMA

O GUIONISTA E DIRECTOR NANI MATOS RECOLLEU DOUS PREMIOS NA CLAUSURA DO X FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE SOCIAL CASTILLA-LA MANCHA


- Ademais do Premio do público, a curtametraxe "Flores para Amalia" tamén acadou o Premio á Mellor Interpretación Masculina


                                      Nani Matos Barcia, feliz cos dous novos premios 

Infogauda / A Guarda


O cinema galego volta a colleitar recoñecementos por onde queira que se amosa, premiando á labor que, mália as dificultades, ven desenvolvéndose no sector do audiovisual.
Fai uns días, informábamos que á curta "Flores para Amalia", do director e guionista Nani Matos, acadara na X edición do Festival de Cine Social de Castilla - La Mancha (FECISO), o Premio Público de la Sala Los Clásicos e hoxe temos que salientar que ademáis dese galardón, tamén lle foi outorgado o Premio á Mellor Interpretación Masculina, que recaeu no actor Gonzalo Uriarte (A Coruña, 1952). Ambolosdous galardons foron recollidos persoalmente por Nani Matos, o domingo día 20 de outubro de 2013, na cidade de Toledo, na cerimonia de clausura do devandito festival de cinema.

Ningún comentario:

Publicar un comentario