20 de out. de 2013

A PASAXE (CAMPOSANCOS)

O GRUPO MUNICIPAL CONVERXENCIA GALEGA RELÉMBRALLE O GOBERNO LOCAL, A EXISTENCIA DE DESPERFECTOS E SUSTRACIONS NAS INSTALACIONS DA ESTACION MARITIMA   
                             
                   Imaxe da chamada Estación Marítima de A Pasaxe

                                 Foto: Infogauda

     Despois de que en marzo do 2.012 se puxera o descuberto a deixadez e abandono municipal sobre a recaudación do aluguer da concesión da ESTACIÓN MARÍTIMA da Pasaxe, nun intento de acochala por parte do Equipo de Goberno do Sr. Freitas, nunha débeda  superior os 30.000 euros                  


       Meses despois da denuncia, sen que ata aquel momento se fixera nada por rescatar a concesión e se deran os pasos pertinentes para recuperar a débeda co Concello, tras escoitar “encubertas” e despois frontais “recadiños” e ameazas por diversas vías, o Goberno Municipal do PSOE, recoñece que existe unha débeda dende o ano 2.007, sin que tomaran ningunha medida o respecto, -cando algún veciño non paga puntualmente o recibo da auga ou do lixo, o día seguinte se abre un expediente de apremio, ainda que sexan 20 euros, en 30.000, nin caso-

Trala nosa denuncia, e despois de moi insistir, se procede a abrir un expediente para recuperar a débeda, disto xa fai máis de CATORCE (14) MESES, e a día de hoxe non sabemos nada, e iso despois de insistir no tema en varios Plenos e con diversos escritos.

Logo atopamos que existían facturas sin pagar de electricidade das que pedimos que se incorporaran o “famoso expediente “fantasma” do que non sabemos nada.

O material que se retirou das instalacións, ocasionou diversos destrozos, que non sabemos se foron evaluados polo Goberno do Sr. Freitas para pedir responsabilidades, ou van a conta dos gastos dos guardeses, pero despois de máis de 18 meses de abandono e sen uso, hai un deterioro que é evidente para todos.

Fai pouco tempo, fixemos unha nova inspección das instalacións, e o que encontramos é:

a).- A falta de canalóns de desagüe das terrazas, que xenera filtracións de humidades, que nunha das esquinas da cafetería é moi evidente.

b).- Hai desperfectos internos moi evidentes como destrozos nos falsos teitos, zonas de solos de madeira que pola humidade están levantándose, zonas de cableado eléctrico o descuberto.

c).- Na parte posterior do edificio, existe unha instalación que contén un lote de bombonas de combustible de gas ¿¿butano…propano?? Que non sabemos se están cheas ou valeiras, pero o que sí destaca, e que ¡¡desmontaron!! a tubería de cobre que “algúen” se levou, seguramente, sen coñecemento do Concello.

E evidente que a situación de abandono na que está entrando este edificio, nunha dass zonas de maior tránsito de turistas durante o verán, desmonta tódalas campañas que dende o Concello se fan de promoción turística.

A  Guarda  a 17 de Octubro do 2.013

Rexistro de Entrada nº 5.650
Data de Rexistro: 17-10-2013

        Beatriz Estévez Álvarez
Concelleira de Converxencia Galega


Ningún comentario:

Publicar un comentario