- Xeira do IEM á ex Colexiata de Santa María de Baiona.
- Illa dos Nenos pon en escenas o espectáculo infantil “Chapuzas a domicilio” na Praia de Patos
- Obradoiro de actividades de manexo do estrés e das emocións en Chandebrito
- Peitieiros acollerá o XI Torneo Concello de Gondomar de bolos celtas
- Arden máis de 700 hectáreas en Oia e o Rosal
- Novagalicia será subastada en outubro tras recibir 9.000 millóns públicos
- Feijóo irrompe na escena dos incendios para pedir colaboración cidadá
Posted: 27 Aug 2013 02:48 PM PDT
A ex Colexiata de Baiona, un dos monumentos senlleiros da arquitectura relixiosa no Val Miñor será o destino da vindeira Xeira do Instituto de Estudos Miñoranos en colaboración coa Asociación O Sorriso de Daniel. A mesma terá lugar este mércores 28 de agosto ás 18 horas, con punto de encontro no adro da igrexa. A guía estará a cargo da experta no Románico, Margarita Vázquez (O Sorriso de Daniel).
|
Posted: 27 Aug 2013 02:40 PM PDT
|
Posted: 27 Aug 2013 02:37 PM PDT
|
Posted: 27 Aug 2013 02:31 PM PDT
O campo de bolos de Peitieiros acollerá o próximo fin de semana a décimo primeira edición do Torneo Concello de Gondomar de Bolos Celta.
O Club de Bolos de Peitieiros, en colaboración coa Concellaría de Deportes organiza o xa tradicional encontro que espera a participación de máis de 60 xogadores, correspondentes a 11 clubs diferentes, que disputarán ao redor de 20 partidas.
|
Posted: 26 Aug 2013 04:57 PM PDT
O lume devorou xa 700ha e segue fora de control e próximo ás casas.
Un incendio forestal aínda sen extinguir está a afectar ó concello de Oia, na media noite deste luns 26 de agosto. O lume que iniciouse a media tarde avanzou sobre as parroquias Loureza - Mougás e Burgueira en dirección Fornelos.
Ás 22:45 horas, a Xunta declaraba activado o Nivel 1 de alerta pola proximidade das lapas ao núcleo de Loureza. Nesta medianoite, Medio Rural informa que ten mobilizados na zona a 1 técnico e 7 axentes, 13 brigadistas, 13 motobombas, 4
|
Posted: 26 Aug 2013 10:24 PM PDT
O ministro de Economía presenta como un logro que quen a compre non recibirá máis cartos dos contribuíntes. Os estafados coas preferentes seguen a mobilizarse mentres medran as especulacións sobre os posibles compradores.
Luís de Guindos declarou hoxe á Axencia Efe que Novagalicia Banco terá novo dono en menos de dous meses, en outubro. O ministro de Economía admitiu que varias entidades españolas e foráneas mostraron interese en facerse co banco galego, o último reducto importante dun sistema financeiro do país.
|
Posted: 26 Aug 2013 09:31 PM PDT
O verán de 2006 Galicia sufría a súa peor crise incendiaria dende 1989. Moita calor, moito vento e nada de chuvia eran as condicións perfectas para que centos de incendios afogasen cada día o país ao longo de dúas longuísimas semanas. No inicio do verán o PP galego, liderado por Alberto Núñez Feijóo dende xaneiro dese mesmo ano, garantiulle apoio "institucional" ao Goberno de coalición PSdeG-BNG, unha promesa que saltou polos aires en canto o fixo a estatística das lapas. O flamante líder conservador e un Mariano Rajoy en horas baixas apresuráronse en cargar contra o bipartito e, por extensión, contra o Goberno central de José Luis Rodríguez Zapatero. Lonxe daquela actitude, o actual presidente Feijóo vén de reclamar colaboración cidadá ante o lume.
Fonte: valminor.info
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario