18 de abr. de 2013

VAL MIÑOR


Posted: 16 Apr 2013 03:00 PM PDT
El-Conselleiro-de-la-CMATI-
O retranqueo dos servizos de electricidade e telecomunicacións, afectados polas obras de ampliación da Estrada pola Vía rematarán no verán. O anuncio o fixo o propio conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, durante a visita que mantivo esta tarde no concello de Nigrán. O resto da obra de remodelación da PO 325 (Vigo – A Guarda) está practicamente rematado agás 3 km no tramo final de Vigo e a mencionada intervención na Estrada pola Vía, á altura da Travesía por Praia América.

 
Posted: 17 Apr 2013 09:49 AM PDT
Colexio Chano Piñeiro de Gondomar - CC BY
Os tres mozos que admitiron o roubo de diversos obxectos do colexio Chano Piñeiro acpetaron a  condea de un ano de cárcere imposta polo titular do Xulgado Penal Nº 1 de Vigo.

Os mesmos autores admitiron que forzaron a entrada do centro de ensino o pasado 17 de agosto de 2011, e posteriormente roubaron dous micrófonos e unha plastificadora da aula de audiovisual, polos que acadaron na venda de segunda man, 16 e 24 euros respectivamente.
O fiscal pide a mesma pena para outros dous amigos, que prestaron o seu DNI para vender os obxectos roubados aos que acusa de encubrimento, aínda que ambos aseguraron que descoñecían que se tratase de mercancía roubada.
 
Posted: 17 Apr 2013 08:22 AM PDT

CHISCO---BATER-DE-SOMBRAS-0
O vindeiro venres 19 de abril ás 20:30 horas terá lugar en Gondomar a presentación do libro A noite branca (Edicións Xerais), na librería Libraida (Rúa Rosalía de Castro Nº 13). O acto, aberto a todo público, contará coa presenza do escritor Francisco X. Fernández Naval –autor do libro-, e a presentación estará a cargo da profesora do IES Escolas Proval, Rosa Pascual.

 
Posted: 17 Apr 2013 08:11 AM PDT
As probas analíticas realizadas á nena de 12 anos de Belesar que faleceu hoxe no Hospital Xeral de Vigou, onde ingresou o pasado sábado en estado moi grave, confirmaron que se trata dun caso de meninxite bacteriana, segundo fontes sanitarias ainda que precisaron que non se pode falar de brote da enfermidade, xa que os datos estatísticos da comunidade galega presentan varios casos ao ano.
 
Posted: 17 Apr 2013 01:09 AM PDT
 A actuación municipal supón a retirada do enlousado e o posterior asfaltado
Os socialistas culpan ao goberno de Nigrán de abandoar totalmente o mantemento da Ramallosa durante dous anos para permitir o seu deterioro irremediable e xustificar o empichado.

Sinalan que a solución adoptada polo goberno municipal poñen de manifesto a súa "incapacidade" e "desgoberno" por non asumir as súas responsabilidades para o mantemento deste espazo.
 
Posted: 17 Apr 2013 12:30 AM PDT

Obras de empichado en Ramallosa
Nigrán inicia o empichado das zonas humanizadas das rúas Romana Baixa, Damas Apostólicas, Camiño dá Cabreira e Tomadas, na zona comercial da Ramallosa que foran obxeto da humanización con cargo ao PlaneE durante o mandato socialista por algo más de 1,6 millóns de euros.
O concello gastará 32.000 euros con cargo ao plan de Investimentos da Deputación de Pontevedra para as tarefas de empichado e levantamento das lousas de pedra.
 
Posted: 16 Apr 2013 11:42 PM PDT
Danos no pavimento en Ramallosa
O portavoz da formación Unión Centrista de Nigrán-Centro Democrático Liberal (UCN-CDL), Antonio Fernández, denuncia o malgasto de diñeiro público que supuxo as obras de Rehabilitación das rúas na urbanización da Romana (A Ramallosa), por un importe de 1.663.695,92?, incluídas dentro do Fondo Estatal de Investimento Local (Plan-E), adxudicadas no ano 2009 polo anterior goberno local e finalizadas no ano 2010.

 

Fonte: valmiñor.info

Ningún comentario:

Publicar un comentario