19 de abr. de 2013

A GUARDA

O BNG reúnese na Guarda co sector afectado pola cuota da xarda



 Infogauda / A Guarda

Unha repesentación do Bloque Nacionalista Galego encabezada por Daniel Rodas, deputado do Parlamento galego, e o portavoz municipal, Xan Lois Lomba, reuniuse co sector pesqueiro para tratar a problemática xerada coa costeira da xarda.

O sector manifestou a súa preocupación pola falta de cuota suficiente para poder pescar, chegándose a agotar a cuota en apenas 9 días cando a costeira dura uns dous meses, tendo que tirar peixe ao mar.

O BNG amosou o apoio a este sector que está a traballar cunhas cuotas de capturas que son ridículas, froito dunha mala negociación por parte do Goberno español diante da Unión europea.

Para o BNG a entrada do Estado español dentro da UE prexudicou gravemente sectores tan importantes como a pesca.

“Non ten sentido que a nosa flota, a máis importante de Europa, teña unha cuota que apenas chega ao 7%, mentres outros estados con menos flota teñen máis cuota. Estamos diante dun goberno que non nos defende en Europa”, afirmou Daniel Rodas, deputado do BNG.

Para o BNG é de vital importancia a defensa dos nosos sectores produtivos e extrativos como a pesca, sobre todo a pesca artesanal, que produce riqueza e moitos postos de traballo no país.

Ningún comentario:

Publicar un comentario