COMUNICADO DA ASOCIACIÓN S. XEROME EMILIANI
A Asociación S. Xerome Emiliani é unha entidade
sen ánimo de lucro que ten por misión “facilitar ás persoas con discapacidade
intelectual e ás súas familias apoios e servizos profesionalizados para mellorar
a súa calidade de vida, intervindo no ámbito persoal, educativo,
familiar, laboral e social”. Como non pode ser de outra maneira, todos nosos
recursos están volcados en actividades que axuden o desenvolvemento desta
misión.
Nos
últimos anos os ingresos foron disminuindo, mentras que os gastos
aumentaron, e o resultado foi de perdas económicas, o que unido á falta de
financiación das entidades bancarias situaron á Asociación nunha situación
difícil, sen liquidez para afrontar
todos os gastos necesarios para manter a nosa actividade coa mesma
estructura.
Pese aos esforzos
por manter as cousas como estaban, a nova reglamentación en materia de
bonificacions á S. social, que supuxo un maior coste para a Asociación (
12.000.- € ano), así como o incremento das demais partidas de gastos sociais e
xerais, obligounos a tomar medidas conducentes a manter o equilibrio
presupuestario, senon, de continuar igual, poría en perigo a continuidade do
noso proxecto social.
Intentáronse levar
a cabo outras medidas menos drásticas dende o punto de vista social, pero
lamentablemente non se alcanzou o consenso necesario coa parte social.
A nova estructura
permitirá continuar coa obra social e a maioría das actividades desenvoltas no
noso centro, adaptando as mesmas aos ingresos reais que hoxe en día ten a nosa
Asociación.
Con respecto aos
traballadores afectados pola rescisión dos seus contratos, tívose en conta
criterios obxectivos para sua elección, entre os que cabe destacar, a
productividade, polivalencia e coste hora profesional en función da xornada
anual realizada por cada un dos compoñentes da plantilla.
As rescisions
contractuais foron realizadas por causas obxectivas económicas e organizativas,
con dereito a percibir unha indemnización de 20 días por ano de servizo co
límite de 12 mensualidades.
O fin de esta
medida é preservar no posible os demais postos de traballo e a continuidade do
noso proxecto social.
A Guarda 9 de Abril de 2013
José Ricardo Pravio Calvo
secretario
(R.)
Gustariame saber cales foron as outras medidas que se intentaron levar a cabo antes de esta?????
ResponderEliminarIsto foi un castigo imposto aos traballadores por haber revindicado no seu día os seus dereitos