22 de feb. de 2013

PONTEVEDRA


O pleno da Deputación aprobou por unanimidade o regulamento do servizo

O SERVIZO PROVINCIAL DE RECOLLIDA DE ANIMAIS COMEZARÁ A FUNCIONAR EN MARZO, CON PRETO DE 50 CONCELLOS ADHERIDOS
·       O ministerio de Agricultura autorizou un convenio coa Deputación para que a empresa Tragsa leve a cabo a xestión inicial deste servizo
·       O servizo suporá un custe de 250.000 euros para unha poboación de 378.771 habitantes
·       Os concellos aboarán polo servizo 30 céntimos por habitante e ano e a Deputación cubrirá os restantes 36 céntimos
O pleno da corporación provincial aprobou hoxe por unanimidade o regulamento do servizo de lacería e do centro de acollida e protección de animais de Armenteira, que entrará en funcionamento o vindeiro mes de marzo e prestará servizo inicialmente a 47 concellos que xa se adheriron ao mesmo.
A empresa Tragsa será a encargada da xestión inicial deste servizo provincial de recollida de animais, despois de que o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio ambiente autorizase a sinatura dun convenio coa Deputación para este fin.
O servizo suporá un custo anual de 250.000 euros e beneficiará a unha poboación de 378.771 habitantes, o que supón que o prezo que se deberá aboar polo mesmo é de 0,66 euros por habitante e ano.
O financiamento do servizo farase entre Deputación e concellos, de forma que os segundos deberán pagar 30 céntimos por habitante e ano (un total de 113.631,13 euros entre todos os concellos), e a Administración provincial cubrirá os 136.368,70 euros restante, achegando 0,36 euros por habitante e ano.
Isto suporá unha notable redución na achega que na actualidade teñen que facer os concellos para poder prestar este servizo, que é competencia municipal e que ata o de agora supoñía un verdadeiro problema para a maioría dos concellos da provincia.
Concienciación
O obxectivo do servizo provincial de recollida de animais é incidir na concienciación e sensibilización da poboación tanto a prol das adopcións como en contra dos abandonos, así como no máximo respecto ás necesidades, ao benestar e aos dereitos dos animais.
Neste sentido, a xestión do centro incluirá medidas de vixilancia para a identificación e rexistro de animais, programas de vacinación e esterilización, campañas para promover a tenza responsable de animais e de sensibilización para erradicar o abandono e os malos tratos, fomentando as adopcións sobre calquera outro destino e colaborando coas asociacións protectoras de animais.
Coa xestión conxunta do servizo búscase unha optimización dos recursos públicos e unha mellora na calidade da prestación, cun aforro que nalgúns casos chegará ao 70% respecto o que pagan na actualidade os concellos.



CONCELLOS ADHERIDOS Ó SERVIZO PROVINCIAL DE ACOLLIDA DE ANIMAIS DOMÉSTICOS ABANDONADOS
CONCELLO
Nº HABITANTES

AGOLADA

2.926


A ESTRADA

21.759

A LAMA

2.976

ARBO

3.741

BAIONA

12.258

BARRO

3.668


CAMPOLAMEIRO

2.036


CALDAS DE REIS

10.060

CAÑIZA

6.461

CATOIRA

3.489

CERDEDO

2.297

COTOBADE

4.432

COVELO

3.235

CRECENTE

2.533

CUNTIS

5.066

DOZÓN

1.744

FORCAREI

4.044

FORNELOS DE MONTES

2.002

GUARDA, A

10.484

GONDOMAR

13.973

GROVE

11.241

LALIN

21.127

MARIN

25.864

MEAÑO

5.444

MEIS

4.988

MONDARIZ

5.081

MONDARIZ-BALNEARIO

730

MORAÑA

4.398

MOS

14.942

NEVES, AS

4.400

NIGRAN

17.879

PAZOS DE BORBEN

3.192

PONTECALDELAS

6.319


PORTAS

3.070

REDONDELA

30.006

RIBADUMIA

5.107

RODEIRO

3.034

ROSAL

6.613

SALVATERRA DO MIÑO

9.546

SANXENXO****( Se adhieren cando finalicen o contrato coa actual empresa)

17.586

SILLEDA

9.199

SOUTOMAIOR

7.223

TOMIÑO

13.604

VALGA

6.103


VILABOA

6.024

VILA DE CRUCES

6.325

VILANOVA DE AROUSA

10.614

TOTAL: 47

          378.771


Ningún comentario:

Publicar un comentario