MÁIS DE 10.000 XOVES
TITULADOS PRESENTAN SOLICITUDES ÁS 269
PRAZAS DO PLAN PRÁCTICA 2013 DA DEPUTACIÓN DE
PONTEVEDRA
Máis de 10.000 xoves titulados universitarios, sin
experiencia laboral previa, presentaron as súas
solicitudes ao Plan Práctica 2013 da Deputación de Pontevedra que
posibilitará que, nunha primeira fase 269 deles, poidan obter unha bolsa de 800
euros mensuais perante seis meses para traballar en centros e servizos da propia
Deputación e nos concellos da provincia.
O prazo de admisión de solicitudes remata
hoxe venres, 25 de xaneiro de 2013. Ata o día de onte, xoves, inscribironse
9.991 xoves e faltan por contabilizar as solicitudes rexistradas hoxe ata as 19
horas.
A convocatoria do plan de primeira inserción laboral
da Deputación é para 74 bolsas de práctica laboral para titulados
universitarios en centros e servizos da Deputación Provincial, e de 195 bolsas
nos concellos da Provincia.
Según explicou hoxe en rolda de prensa o presidente
da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, a institución provincial estudia
acometer unha segunda fase do plan ata acadar o número de 500 bolsas.
Nesta primeira fase, na selección dos titulados
participarán, ademáis de técnicos da Deputación, profesores das universidades
de Vigo e Santiago de Compostela.
A partires de agora, o proceso
desenvolveráse nas seguintes fases:
- -
Lista
provisional de admitidos e excluidos, que se publicará na web e no taboleiro de
anuncios
- - Prazo
de 10 días, despois de publicada a lista anterior, para enmendar admitidos ou excluidos
- - Proceso
de selección en dúas fases: na primeira, concurso e valoración de documentación
presentada con publicación na web, etc polo menos 5 días hábiles de antelación
á data da entrevista; e entrevista personal cos candidatos que superasen a
primeira fase.
- - Puntuacións finais
e proposta de adxudicación de candidatos
Ningún comentario:
Publicar un comentario