Autobuses para asistir á manifestación de QUEREMOS GALEGO este domingo
A plataforma Queremos Galego no Baixo Miño disporá un autobús para facilitar a asistencia á manifestación deste domingo en Compostela para o que é preciso reservar praza nos teléfonos 986610465 ou 679986290. Reservaranse prazas até completar a capacidade do bus, confirma canto antes a túa asistencia!
A hora de saída será ás 9:30h dende a alameda da Guarda e realizará as paradas necesarias até Tui, no momento de reservar praza confirmarase o lugar onde recoller a cada persoa. O prezo é de 6 euros para adult@s e gratuíto para menores de idade. Unha vez rematada a manifestación (aproximadamente ás 14h) colleremos o autobús de volta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario